Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/11/2011

A Unión Europea destina novos fondos para combater os organismos nocivos que atacan a vexetais

  • Alemaña, Chipre, España, Italia, Malta, Países Baixos e Portugal son os países beneficiarios das axudas

Santiago, 16 de novembro de 2011. A Unión Europea destina 19 millóns de Euros ao cofinanciamento de programas fitosanitarios en sete estados membros. O obxectivo destas axudas é combater e evitar que organismos perigosos se propaguen dentro da UE, podendo afectar gravemente ao funcionamento do mercado interior e aos intereses comerciais da Unión con terceiros países.

Os fondos, que facilitarán o cofinanciamento de accións xa iniciadas ou pendentes de executar, representan a maior contribución presupostaria anual da Unión para tales fins dende 1997, ano de entrada en vigor do réxime de cofinanciamento fitosanitario. O Comisario de Saúde e Política de Consumidores, John Dalli, xustifica a adxudicación das devanditas axudas afirmando que ”a miúdo se menospreza a importancia da fitosanidade na nosa vida cotiá. Considerando as posibles consecuencias catastróficas para os nosos cidadáns, é fundamental facer fronte a estes problemas dende o primeiro momento”.

Pragas

Portugal será a principal beneficiaria das axudas xa que gran parte dos fondos se dedicarán ao control dos brotes de nematodo da madeira do piñeiro, verme microscópico que ataca ás coníferas, detectados no país. España tamén recibirá fondos que contribuirán a financiar as accións emprendidas na erradicación de brotes illados de nematodo de madeira en Galicia e en Extremadura. Amais, España dispoñerá de axudas para controlar o caracol mazá detectado no Delta do Ebro e que ataca arrozais e brañas. Outros organismos perigosos a combater en Europa son o picudo vermello das palmeiras presente en Malta e Chipre; e dous tipos de escaravellos, o escaravello asiático de antenas longas e o escaravello de antenas longas dos cítricos, que afectan a Alemaña, Italia e Países Baixos.

Fonte: Comisión Europea


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante