Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/01/2021

Acordo Político sobre o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia

5234F_1610554910_MRR.jpg
  • As tres institucións principais da UE alcanzaron un acordo político sobre o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, que achanda o camiño para a distribución de 672 500 millóns de euros en préstamos e subvencións. 
Bruxelas, 13 de xaneiro do 2021. O Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) é o instrumento clave do Next Generation EU, o plan da UE para saír máis fortes da crise actual. O MRR achegará 672 500 millóns de euros en préstamos e subvencións para apoiar as reformas e investimentos dos Estados membros.

Este novo mecanismo está chamado a desempeñar un papel crucial á hora de paliar o impacto económico e social da pandemia de coronavirus e de contribuír a que as economías e sociedades europeas sexan máis sostibles e resilientes e estean mellor preparadas para as transicións ecolóxica e dixital.

Preto do 90% de NGEU será empregado, a través deste novo programa, para apoiar investimento e as reformas nos Estados membros durante os anos 2021 a 2026, alí onde as necesidades derivadas do impacto da crise sexan maiores: emprego, a I+D+i, a educación, a saúde, a administración pública, sector financeiro... e en consonancia cos transicións ecolóxica e dixital, ás que deben dirixirse un 37% e un 20% dos fondos, respectivamente. Ademais de investimento público, tamén é posible incluír partenariados público-privados e investimentos públicos que xeren investimentos privado a posteriori.

Os Estados membros teñen que elaborar plans de recuperación e resiliencia baseados nas prioridades de investimento e reforma identificadas durante o Semestre Europeo en liña cos Plans Nacionais de Enerxía e Clima e cos Plans Nacionais de Transición Xusta, que tamén esixe a Comisión Europea. Neles deben definir se solicitan subvencións, préstamos ou ambos. Os planes constituirán un anexo do programa nacional de reformas que anualmente os Estados membros envían á Comisión Europea en abril dentro do proceso de coordinación das políticas económicas dos Estados membros (Semestre Europeo).

Reparto
O 70% das subvencións comprometerase nos anos 21 e 22 segundo o método de reparto proposto pola Comisión Europea: nivel de PIB e desemprego entre os anos 15 e 19. O 30% restante comprometerase en 2023 tendo en conta o impacto real da crise no PIB dos Estados membros durante os anos 20 e 21. As asignacións estimadas por Estado membro poden consultarse aquí. España é o segundo país maior beneficiario despois de Italia.

Elaboración do Plan de Recuperación e Resiliencia en España
A Comisión invitou aos Estados membros a presentar un primeiro borrador de plan en outubro, xunto cos proxectos de orzamentos 2021.

O Goberno español presentou publicamente as liñas xerais do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Economía española o 7 de outubro, una semana antes de mandalo á Comisión Europea baixo o título “España Puede”.

O 26 de outubro, a presidenta da Comisión Europea, Ursula Von Der Leyen, participou por primeira vez na Conferencia de Presidentes Autonómicos, na que se tratou o Plan Nacional de Recuperación e Resiliencia. Von der Leyen solicitou a colaboración das CCAA para que o plan Next Generation EU se leve a cabo con éxito. A modo de exemplo, citou a renovación dos edificios, a mobilidade urbana limpa ou o fomento das competencias dixitais como ámbitos nos que pode intervir o MRR.

Criterios de avaliación dos plans nacionais
Para a súa aprobación, a Comisión Europea avaliará os plans nacionais de recuperación seguindo os seguintes criterios:
  • Aliñación coas recomendacións específicas por país. Os Estados deben prioirizar as máis relevantes para a recuperación económica. No caso de España, refírense principalmente ao sistema de saúde, o mercado de traballo e o sistema educativo, o apoio ás pemes, o transporte sostible, o tratamento de augas e residuos e a fragmentación do mercado interior.
  • A capacidade de potenciar o crecemento, crear emprego e fomentar a resiliencia económica e social do Estado.
  • A contribución efectiva ás transicións ecolóxica e dixital. Esíxese que un 37% dos fondos vaian destinados á transición ecolóxica e recoméndase que un 20% vaian á transición dixital, permitindo a dobre contabilidade, e dicir, que un proxecto contribúa a ambas transicións.
Desembolso dos cartos
As subvencións e os préstamos desembolsaranse en tramos unha vez se alcancen os hitos (cualitativos) e metas (cuantitativo) definidos polos Estados membros nos seus plans de recuperación e resiliencia. Non será necesario presentar certificacións de gasto como siocorre na execución dos fondos estruturais.

Será a Comisión a que avalíe as solicitudes de pago, previo ditame do Comité Económico e Financeiro composto por todos os Estados membros. Se un Estado considerase que existen desviacións graves do cumprimento das metas, podería elevarse ao Consello Europeo para que o debata de maneira exhaustiva nun prazo máximo de tres meses. O proceso de aprobación de desembolso podería, pois, durar entre catro e seis meses.

Serán financiables gastos dende o 1 de febreiro de 2020 ata o 31 de agosto de 2026.

Calendario
A Comisión Europea está a debater cos Estados membros que xa teñen presentado uns borradores de programa. A data límite para presentar unha versión definitiva é o 30 de abril de 2020. A Comisión terá dous meses para avalialos e despois o Consello deberá ratificalos por maioría.

Gobernanza
A Comisión Europea anima aos Estados membros a integrar a todas as partes interesadas na preparación dos Plans Nacionais de Recuperación. No plan español, recóllese que as CCAA participarán activamente na xestión dos fondos do MRR por diversas vías. Entre outros, nas súas áreas de competencias, contémplase a posibilidade de asinar convenios cos ministerios implicados para a xestión e execución dos fondos do MRR, que deberán atender aos fitos e obxectivos establecidos no Plan de Recuperación. Tamén se contemplan mecanismos de colaboración para poñer á disposición das entidades locais parte dos fondos europeos no ámbito das súas propias competencias.

Acordo político sobre o MRR
O Consello e o Parlamento Europeo chegaron a un acordo sobre o MRR o 18 de decembro. O Parlamento Europeo non logrou conseguir unha maior contribución do MRR aos obxectivos climáticos (pedía o 40% no canto dun 37%) nin alongar un ano máis o prazo de compromiso do gasto (mantense ata 2023). Parece que si conseguiu aumentar a taxa de prefinanciación ao 13% en lugar do 10%. Tamén logrou un maior involucramento na  gobernanza do  MRR (coa posibilidade de que a Comisión compareza fronte o  Parlamento Europeo cada dous meses, e co envío simultáneo ao Parlamento e ao Consello dos plans nacionais de recuperación). 

Neste contexto, ou  acordo  confirmou que se creará e  fará público un  cadro de indicadores para informar achega dous avances  na aplicación  do  MRR e dúas  plans nacionais. 

Seguintes etapas
O texto do Regulamento deberá ultimarse a nivel técnico. A continuación o Parlamento Europeo e o Consello deberán aprobar formalmente o texto para que o Regulamento poida entrar en vigor canto antes.


Documentos para descarga



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante