Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

14/10/2020

A UE intensifica a coordinación das respostas nacionais á crise sanitaria

5152F_1602671454_covid.jpg

  • O Consello vén de emitir unha Recomendación para coordinar as medidas que afectan á libre circulación dentro da UE.
  • O Centro Europeo para a Prevención de Enfermidades publica unha guía sobre como aplicar as intervencións non farmacéuticas na loita contra o virus.
  • A Comisión Europea firma o terceiro contrato cunha farmacéutica para asegurar na UE o abastecemento dunha futura vacina contra a COVID-19
  • Refórzase a reserva común de equipos médicos RescEU

Bruxelas, 14 de outubro do 2020. 

Os Estados membros dispón de una nova ferramenta común para determinar as restricción de viaxe dentro de la UE

A decisión de restrinxir ou non a libre circulación para protexer a saúde pública é competencia dos Estados membros; non obstante, a coordinación sobre este asunto é esencial. Por este motivo e a partir da proposta da Comisión, o Consello vén de adoptar unha Recomendación aos Estados membros para aplicar un enfoque coordinado co obxectivo de dar máis claridade e  previsibilidade cidadáns e empresas á hora de desprazarse dentro da UE.

Cada semana, os Estados membros deben proporcionar ao Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades (ECDC) os seus datos sobre a incidencia acumulada nos últimos 14 días, o número de probas por cada 100.000 habitantes e a porcentaxe de probas positivas. Con estes datos, o ECDC actualizará semanalmente un mapa, desglosado por rexións, para apoiar aos Estados membros á hora de decidir posibles restricións. As áreas deben estar marcadas coas seguintes cores:

  • Áreas verdes: se o índice de notificación no últimos catorce días é inferior a 25 e o índice de positividade das probas é inferior ao 4 %;
  • Áreas laranxa, se o índice de notificación no últimos catorce días é inferior a 50 e o índice de positividade das probas é do 4 % ou superior, ou se o índice de notificación no últimos catorce días se atopa entre 25 e 150 e o índice de positividade das probas é inferior ao 4 %;
  • Áreas vermellas: se o índice de notificación no últimos catorce días é de 50 ou superior e o índice de positividade das probas é do 4 % ou superior, ou se o índice de notificación no últimos catorce días é superior a 150;
  • Áreas grises: se a información é insuficiente ou se a taxa de probas é inferior a 300.

Os Estados membros non deben, en principio, negar a entrada a persoas que viaxan desde outros Estados membros. Aqueles que consideren necesario impoñer restricións poden esixir ás persoas que viaxan desde zonas non verdes observar unha corentena e/ou someterse a unha proba á súa chegada. Ao estudar se se aplican restricións, deben respectar as diferenzas na situación epidemiolóxica entre as zonas laranxa e vermella, ter en conta a situación no seu propio territorio e actuar proporcionalmente.

Os Estados membros que pretenden impoñer restricións deberán informar antes ao Estado membro interesado, así como aos demais Estados membros e á Comisión, preferentemente con 48 horas de antelación. Tamén deberían proporcionar ao público información clara e completa sobre as novas restricións ou requisitos que impoñan, e cunha antelación mínima de 24 horas. Toda esta información recollerase na plataforma web  Re- open  EU, posta en marcha pola Comisión Europea o pasado verán.

O Centro Europeo para a Prevención de Enfermedades publica unhas pautas sobre as intervencións non farmacéuticas na loita contra  a COVID-19

Para reducir e controlar a exposición ao risco de contaxio, o ECDC publica unha guía sobre as intervencións non farmacéuticas (NPI nas siglas en inglés). Mentres non haxa unha vacina efectiva e segura, estas medidas de saúde pública (distanciamento físico, hixiene de mans, uso de máscaras, rastrexo de contactos...) son as máis efectivas na loita contra o COVID-19. As directrices do ECDC detallan as opcións dispoñibles de NPI en varios escenarios epidemiolóxicos, avalían a evidencia da súa eficacia e abordan os problemas de aplicación a escala local, rexional e nacional.  

En relación cos rastrexos, a Comisión Europea está empezando a probar a pasarela de interoperatividade para as aplicacións nacionais de rastrexo de contactos e alerta. Esta  interface pretende conectar as diferentes aplicacións nacionais de toda a Unión Europea, para que recollan e intercambien información de forma máis eficiente. Espérase que comece a funcionar en outubro.

A evolución das negociacións da Comisión Europea no desenvolvemento efectivo da vacina

A Comisión Europea vén de aprobar un terceiro contrato coa empresa farmacéutica,  Janssen  Pharmaceutica  NV de Johnson & Johnson. Este contrato fundaméntase, de novo, no chamado compromiso anticipado de mercado para que, unha vez que a vacina contra a COVID-19 demostre ser segura e eficaz, se permita aos Estados membros adquirir vacinas para 200 millóns de persoas. Igualmente, os Estados membros tamén poderán doar a vacina a países de renda baixa e media ou redirixila a outros países europeos. Por agora, a Comisión xa asinou dous contratos con  AstraZeneca e con  Sanofi- GSK e concluíu con éxito conversacións  exploratorias con  CureVac,  BioNTech- Pfizer e Moderna.

Así mesemo, a Comisión tamén asinou un contrato de adquisición conxunta con  Gilead para a subministración de ata 500 000 ciclos de tratamento do medicamento antiviral  Remdesivir para tratar aos pacientes de coronavirus que necesitan subministración de osíxeno. Por agora, o Remdesivir é o único medicamento autorizado pola UE para este tratamento. Participan neste contrato conxunto os 27 Estados membro e nove Estados máis como Noruega ou Albania, de forma que cada un deles poidan facer directamente os seus pedidos a  Gilead.

Catro novos países únense á reserva común europea de equipos médicos RescEU

Co apoio financeiro da Comisión Europea, xa son seis os Estados membros que están a crear reservas comúns europeasno marco de RESC-EU. Dinamarca, Grecia, Hungría e Suecia uníronse a Alemaña e Romanía na adquisición e almacenamento de diferentes tipos de equipo médico, como máscaras protectoras ou respiradores médicos utilizados nos coidados intensivos. A Comisión Europea financia o 100% da compra, almacenamento e transporte destes equipos.

A partir das necesidades expresadas polos países que solicitan a asistencia da UE no marco do Mecanismo de Protección Civil da Unión, o Centro de Coordinación de Resposta a Emerxencias xestiona a distribución do equipo para asegurar que vaia onde máis se precisa.

Noticias relacionadas:



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante