Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

05/10/2020

Dinamarca, Grecia, Hungría e Suecia únense a reserva médica do rescEU

5128F_1601994482_headline_resceu_host_web.jpg
Para loitar contra a pandemia e o aumento dos casos de COVID-19, os novos Estados membros anfitrións -co apoio financeiro da Comisión Europea- están a crear reservas comúns de equipos de protección e outros equipos médicos vitais.

Bruxelas, 05 de outubro de 2020. O pasado día 22 de setembro Dinamarca, Grecia, Hungría e Suecia uníronse a Alemaña e Romanía como estados anfitrións da reserva de equipo médico do rescEU. Co apoio financeiro da Comisión Europea, seis Estados membros da Unión Europea están a crear reservas comúns europeas de equipos de protección e outros equipos médicos vitais.

O material pode distribuírse en toda Europa en momentos de emerxencias médicas, por exemplo, cando os sistemas nacionais de saúde vense desbordados por pacientes con coronavirus.

Ao achegarse o inverno e aumentar os casos de coronavirus en toda Europa, é fundamental acumular reservas de equipo médico esencial. Cos novos Estados anfitrións, o reactEU está a acelerar a súa marcha. Seremos moito máis fortes na loita contra a pandemia se traballamos xuntos”, dixo o Comisario de Xestión de Crise, Janez Lenarčič.

As reservas médicas de alto grao inclúen agora máscaras FFP2 e FFP3, luvas de bata protectora, así como respiradores.

Como funciona a reserva médica rescEU:
A capacidade do rescEU pode incluír diferentes tipos de equipo médico, como máscaras protectoras ou respiradores médicos utilizados nos coidados intensivos, que reponse constantemente.

A reserva é albergada por varios Estados membros que se encargan de adquirir o equipo. A Comisión Europea financia o 100% dos activos, incluídos o almacenamento e o transporte.

O Centro de Coordinación da Resposta a Emerxencia xestiona entón a distribución do equipo para asegurar que vaia onde máis se precisa, sobre a base das necesidades expresadas polos países que solicitan a asistencia da UE no marco do Mecanismo de Protección Civil da Unión.

Antecedentes

A capacidade médica estratéxica forma parte da reserva máis ampla de rescEU, que inclúe outras capacidades como medios de loita contra incendios aéreos e capacidades de evacuación médica.
A reserva de rescEU constitúe a capa de último recurso do Mecanismo de Protección Civil da Unión, que pode activarse para todo tipo de catástrofes naturais e provocados polo home.

Os Estados membros da UE, o Reino Unido (durante o período de transición), Islandia, Noruega, Serbia, Macedonia do Norte, Montenegro e Turquía participan no Mecanismo de Protección Civil da Unión.

Fonte: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante