Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

25/09/2020

Avances na resposta ao coronavirus: pasarela de interoperatividad para as aplicacións nacionais de rastrexo

5104F_1601031197_apps_de_rastreo.jpg

Bruxelas, 25 de setembro de 2020.

A Comisión Europea empeza a probar a pasarela de interoperatividad para as aplicacións nacionais de rastrexo de contactos e alerta

Desde o inicio da pandemia, a maioría dos Estados membros puxeron en marcha aplicacións nacionais de rastrexo de contactos e alerta para facer fronte á pandemia de coronavirus. Por iso, en maio de 2020, os Estados membros, co apoio da Comisión, acordaron as directrices sobre a protección de datos para dotar de base xurídica a creación deste tipo de servizos.

Neste contexto, para aproveitar plenamente o potencial das aplicacións móbiles de rastrexo e garantir o seu funcionamento transfronteirizo, a Comisión está creando un servizo de pasarela de interoperatividad, de acordo coas directrices de interoperabilidade, co fin de conectar as diferentes aplicacións nacionais de toda a Unión Europea, para que recollan e intercambien información de forma máis eficiente e con alcance comunitario.

Entre outras medidas destacables, a UE garantirá que a información compartida a través da pasarela de interoperactividad será feita de maneira cifrada para impedir a identificación de calquera individuo europeo.

A pasarela foi desenvolvida e creada por T- Systems e SAP e empezará a funcionar en outubro, tras finalizar o período de proba.

Progresos no desenvolvemento da vacina da COVID-19

O pasado 18 de setembro, a Comisión Europea asinou o segundo contrato de compromiso anticipado de mercado coa farmacéutica Sanofi- GSK para asegurar o acceso á potencial vacina. Este contrato permitirá a todos os Estados membros da UE adquirir ata 300 millóns de doses da vacina de Sanofi- GSK cando sexan eficaces e seguras, así como facer doazóns a terceiros países para garantir que os Estados máis vulnerables tamén teñen acceso á vacina.

Do mesmo xeito, a Comisión Europea continua a establecer negociacións simultáneas con outras farmacéuticas (Johnson & Johnson, CureVac, Moderna e BioNTech) para investir nunha carteira máis diversificada de vacinas.

Neste escenario, cabe destacar que a farmacéutica AstraZeneca, coa que a UE asinou o primeiro contrato o pasado 7 de agosto, retomou os ensaios clínicos, tras a repentina aparición de ”unha enfermidade potencialmente inexplicable” nun dos pacientes. A Autoridade Reguladora da Saúde de Medicamentos británica revisou o caso e autorizou á farmacéutica a continuar cos ensaios clínicos da vacina contra o coronavirus.

Fonte: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante