Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/09/2020

O papel da UE no desenvolvemento da vacina contra a Covid-19

5088F_1600358075_covid.jpg

Bruxelas 17 de setembro de 2020. O pasado mes de xuño, a Comisión Europea, presentou a estratexia da UE para as vacinas contra a COVID-19, coa que pretende axilizar o proceso de desenvolvemento, fabricación e despregamento de vacinas contra o virus ao tempo que asegura a calidade, a seguridade e a eficacia das mesmas. Unha estratexia para a que decidiu adaptar o marco regulamentario da UE á actual situación de urxencia, en parte, debido a que ningún Estado membro dispón por si mesmo da capacidade necesaria para facer fronte ao investimento e produción de vacinas a gran escala.

Os esforzos da estratexia europea céntranse na diversificación da carteira de vacinas co que “aumentará significativamente as posibilidades de obter, con éxito, un remedio eficaz contra o virus”, como afirmou a comisaria de Saúde e Seguridade Alimentaria, Stella Kyriakides, que xa se encontra en negociacións con até seis farmacéuticas diferentes: Sanofi-GSK, Johnson&Johnson, CureVac, AstraZeneca, Moderna e BioNTech-Pfizer.

Neste sentido, o 7 de agosto, a Comisión o primeiro contrato coa farmacéutica británica AstraZeneca, que dispón a adquisición de 300 millóns de doses da súa potencial vacina e que contempla a opción de aumentar a 100 millóns de doses en función das necesidades da poboación europea. Este contrato fundaméntase no compromiso anticipado de mercado, que será financiado a través do Instrumento de Asistencia Urxente, proposto pola Comisión europea e dotado con 2.700 millóns de euros procedentes de orzamento comunitario de 2020 para prestar apoio directo aos sistemas sanitarios dos Estados membros no seu combate contra a pandemia.

Mediante este compromiso anticipado de mercado, a Comisión financiará parte dos custos iniciais dos produtores de vacinas a cambio do dereito a comprar un número determinado de doses unha vez sexan eficaces e seguras.

Nembargantes, os avances producidos ata o momento pola farmacéutica AstraZeneca, véronse interrumpidos por mor dunha enfermidade inexplicable sufrida por un dos participantes dos ensaios e, non serán reanundados ata que unha investigación independente revise o caso.

Por último, no que se refire á subministración de vacinas fóra da UE, a Comisión incorporouse ao Mecanismo de Acceso Mundial ás vacinas contra o COVID-19 (COVAX nas súas siglas en inglés) e anunciou o pasado 31 de agosto unha contribución de ata 400 millóns de euros para apoiar a compra de futuras vacinas para que sexan doadas a países de renda media e baixa, uníndose así á resposta mundial ante a crise do coronavirus, liderada pola OMS.

 

Fonte: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante