Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

15/06/2020

A UE reforza a súa acción para combater a desinformación

5010F_1592228709_P043458-936759.jpg
A Comisión e o alto representante están a avaliar as súas medidas para loitar contra a desinformación ao redor da pandemia de coronavirus e propoñen o camiño a seguir. A tarefa foilles encomendada polos líderes europeos en marzo de 2020 co fin de atallar a desinformación e reforzar a resiliencia das sociedades europeas. A pandemia de coronavirus veu acompañada dunha enorme onda de información falsa ou enganosa, mesmo con tentativas de axentes externos de influír nos cidadáns e debates na UE. A Comunicación Conxunta analiza a resposta inmediata e propón accións concretas que poden porse en marcha rapidamente.

Bruxelas, 15 de xuño de 2020. Esta crise foi unha proba que puxo de manifesto como se desenvolven a UE e as súas sociedades democráticas ante o reto da desinformación. Os seguintes aspectos son clave para unha UE máis forte e resiliente.

Comprender: En primeiro lugar, é importante distinguir entre contido ilegal e contido pernicioso, pero non ilegal. Despois, as fronteiras son difusas entre as diversas formas de contido falso ou enganoso: desde a desinformación, que se define como deliberada, á información errónea, que pode non ser intencionada. A motivación pode ir desde operacións de influencia específicas por parte de axentes de terceiros países a motivos puramente económicos. É necesario calibrar a resposta a cada un destes retos. Por outra banda, hai que facilitar máis datos para escrutinio público e mellorar as capacidades analíticas.

Comunicar: Durante a crise, a UE incrementou o seu labor para informar os cidadáns sobre os riscos e intensificar a cooperación con outros axentes internacionais co fin de combater a desinformación. A Comisión negou mitos sobre o coronavirus, o que foi visto máis de 7 millóns de veces. O Servizo Europeo de Acción Exterior, xunto coa Comisión, intensificaron a comunicación estratéxica e a diplomacia pública en terceiros países, incluída a veciñanza da UE. Axentes externos e determinados terceiros países, en particular Rusia e China, participaron en operacións de influencia e campañas de desinformación na UE, a súa veciñanza e en todo o mundo. Por exemplo, o Grupo de Traballo East StratCom do SEAE detectou e puxo ao descuberto máis de 550 bulos procedentes de fontes próximas ao Kremlin en elsitio web EUvsDisinfo.

A cooperación foi unha pedra angular da loita contra a desinformación:
  • Co Parlamento Europeo e o Consello e entre as institucións da UE e os Estados membros, utilizando canles establecidas, tales como o Sistema de Alerta Rápida e o Dispositivo da UE de Resposta Política Integrada. Estas canles seguiranse desenvolvendo para reforzar as capacidades, mellorar a análise de risco e a vital transmisión de información en tempos de crises.  
  • Con socios internacionais, entre eles a OMS o Mecanismo de resposta rápida do G7, a OTAN e outros. Isto levou a incrementar a posta en común de información, actividades e boas prácticas, que debe intensificarse para abordar mellor a influencia estranxeira e a desinformación. 
  • A UE incrementará o seu apoio e asistencia aos axentes da sociedade civil, medios de comunicación e xornalistas independentes en terceiros países como parte do paquete «Equipo Europa», e intensificará o apoio para vixiar as violacións da liberdade de prensa e avogar por unha contorna máis segura para os medios de comunicación. 
  • Por último, moitos consumidores foron inducidos a comprar produtos a prezos excesivos, ineficaces ou potencialmente perigosos e a plataforma eliminou millóns de anuncios enganosos. A Comisión seguirá cooperando con plataformas en liña e apoiando á Rede de Cooperación para a Protección dos Consumidores das autoridades nacionais para loitar contra estas prácticas que infrinxen a lexislación en materia de protección dos consumidores.
Transparencia: A Comisión seguiu de preto as accións das plataformas en liña con arranxo ao Código de Boas Prácticas en materia de Desinformación. É necesario seguir facendo esforzos, aumentar a transparencia e a rendición de contas:
  • As plataformas  deben presentar informes mensuais con datos máis detallados sobre as súas accións para promover contidos fidedignos e limitar a desinformación sobre o coronavirus e a publicidade respecto diso. Tamén deben incrementar a súa cooperación cos verificadores de datos - en todos os Estados membros, para todos os idiomas - e os investigadores, e ser máis transparentes en canto á aplicación das súas políticas para informar os usuarios que interactúan con desinformación. 
  • A Comisión recomenda encarecidamente a outras partes interesadas relevantes que aínda non son asinantes do Código que participen neste novo programa de presentación de informes.
  • A partir do traballo do recentemente creado Observatorio Europeo de Medios Dixitais, a UE seguirá incrementando o seu apoio a verificadores de datos e investigadores.
Garantir a liberdade de expresión e o debate democrático plural é crucial para a nosa resposta á desinformación. A Comisión continuará controlando o impacto das medidas de emerxencia adoptadas polos Estados membros no contexto do coronavirus, na lexislación e os valores da UE. A crise demostrou o papel dos medios de comunicación libres e independentes como un servizo esencial, que achega á cidadáns información fiable e verificada, e contribúe a salvar vidas. A UE reforzará o seu apoio aos medios de comunicación e xornalistas independentes na UE e en todo o mundo. A Comisión fai un chamamento aos Estados membros para que intensifiquen os seus esforzos por garantir que os xornalistas poidan traballar de forma segura e para que saquen o maior partido da resposta económica da UE e o paquete de recuperación para apoiar aos medios de comunicación moi afectados pola crise, respectando o mesmo tempo a súa independencia.

Empoderar e sensibilizar aos cidadáns e incrementar a resiliencia da sociedade implica permitir aos cidadáns participar no debate democrático preservando o acceso á información e a liberdade de expresión, promovendo medios de comunicación e a cultura da información dos cidadáns, incluído o pensamento crítico e as cibercompetencias. Isto pódese conseguir mediante proxectos de alfabetización mediática e o apoio a organizacións da sociedade civil.

Seguintes etapas

As accións que se propoñen alimentarán o futuro labor da UE sobre a desinformación, especialmente o Plan de Acción para a Democracia Europea e a Lei de servizos dixitais.

Máis información

Comunicación Conxunta – Combater a desinformación sobre a COVID-19: aclaremos os feitos

Ficha informativa

Páxina web da resposta ao coronavirus

Sección especial sobre a loita contra a desinformación durante a pandemia de coronavirus

Asesoramento a consumidores e empresas sobre prácticas fraudulentas relacionadas coa COVID-19

Web da UE contra a desinformación 

Plan de Acción contra a Desinformación de 2018

Código de Boas Prácticas en materia de Desinformación

Proxectos cofinanciados pola UE para apoiar a liberdade de expresión e o pluralismo

Fonte: Comisión Europea

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante