Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/06/2020

A Comisión Europea propón un novo instrumento para apoiar a solvencia das empresas europeas

4996F_1591730451_Instrumento_de_Apoio_a___Solvencia.jpg
  • O novo Instrumento de Apoio á Solvencia está destinado a empresas viables que se atopan actualmente en risco polo parón económico derivado da crise da COVID-19.
  • Podería funcionar xa dende 2020 e contará cun orzamento de 31 mil millóns de euros, co obxectivo de desbloquear 300 mil millóns de euros en apoio á solvencia para as empresas en todos os sectores económicos. 
Bruxelas, 9 de xuño de 2020- A finais de maio, a Comisión Europea propuxo un plan de recuperación baseado en: 
  • Un Marco Financeiro Plurianual (MFP) reforzado para 2021-2027. 
  • Un novo instrumento de recuperación, Next Generation EU, integrado no orzamento a longo prazo da UE (MFP) 
Neste contexto, a Comisión Europea propón abordar as consecuencias económicas do brote de COVID-19 para as empresas europeas. Moitas delas, que xa sofren problemas de solvencia, seguirán experimentando dificultades debido á vixencia de determinadas restricións ás actividades económicas e sociais. 

É por isto que a Comisión Europea propón a creación dun Instrumento de Apoio á Solvencia, un instrumento temporal de capital que presenta as seguintes características: 

OBXECTIVO: axudar a mobilizar recursos privados para prestar un apoio urxente ás empresas europeas con un modelo de negocio viable pero nas que a solvencia se ve limitada debido á crise sanitaria, de xeito que poidan abordar os seus problemas inmediatos de liquidez e solvencia. Así, mobilizará investimento privado en empresas con dificultades, ofrecendo garantías parciais contra as perdas. Exclúense as empresas que se atopasen en crise a finais de 2019

ORZAMENTO: será de 31 mil millóns de euros, dos cales, 5 mil millóns procederán do actual MFP e 26 000 millóns de Next Generation EU. Con isto, o orzamento da UE poderá proporcionar unha garantía de aproximadamente 75 mil millóns de euros ó Banco Europeo de Investimento (BEI) O instrumento terá como obxectivo un nivel de investimento de 300 mil millóns de euros de axuda á solvencia. 

FUNCIONAMENTO: o instrumento será creado no marco do Fondo Europeo de Investimento Estratéxico (FEIE), xestionado polo BEI. O BEI empregará a garantía da UE para investir principalmente a través de intermediarios ou reducir o risco para os inversores privados de investir en empresas susceptibles de ser apoiadas, mobilizando así recursos privados no seu apoio. Fará isto investindo, ou ben garantindo ou financiando, en fondos de capital, plataformas de investimento, bancos ou institucións nacionais de promoción. 

TEMPORALIDADE: o instrumento é temporal (poderanse firmar operacións ata 2026) e está dirixido exclusivamente a cubrir o impacto económico da pandemia. Porase en marcha a máis tardar a principios de 2020

DISPOÑIBILIDADE: estará aberto a todos os sectores de todos os Estados membros, centrándose naqueles con economías máis afectadas polos efectos da pandemia ou nos que a dispoñibilidade de apoio estatal en materia de solvencia será máis limitada. Isto poderá actualizarse ó longo do tempo tendo en conta as repercusións da COVID-19, evitando que o apoio do Instrumento se concentre nun número limitado de Estados membros. 


Máis información 






Fonte: Comisión Europea 

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante