Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/04/2020

A Comisión Europea lanza unha plataforma de intercambio de datos para investigadores

4887F_1587470586_PLATAFORMA.jpg
A Comisión Europea, xunto con varios socios, lanzou a Plataforma Europea de Datos sobre a COVID-19 para que os datos de investigación dispoñibles poidan recompilarse e compartirse de maneira rápida. Esta Plataforma forma parte do Plan de Acción ERAvsCorona, que contén dez accións prioritarias a curto prazo para loitar contra a COVID-19 e que foi validado polos ministros de Investigación e Innovación dos 27 EEMM o pasado 7 de abril. 

Bruxelas, 21 de abril de 2020- A nova Plataforma ofrecerá un entorno europeo e mundial aberto e fiable no que os investigadores poderán almacenar e compartir conxuntos de datos como as secuencias de ADN, estruturas de proteínas, datos de investigación preclínica e ensaios clínicos, así como datos epidemiolóxicos. Esta Plataforma é o resultado dun esforzo conxunto da Comisión Europea, o Instituto Europeo de Bioinformática do Laboratorio Europeo de Bioloxía Molecular (EMBL-EBI), a infraestrutura Elixir e o proxecto COMPARE, así como dos Estados membros e outros socios. 

A Plataforma Europea de Datos sobre a COVID-19 está en consonancia cos principios establecidos na “Declaración sobre o intercambio de datos nas emerxencias de saúde pública” e reforza o compromiso da Comisión Europea de promover os datos de investigación abertos e a ciencia aberta, para que a ciencia sexa máis eficiente, fiable e reactiva ante os retos da sociedade. Neste contexto, a Plataforma é tamén un proxecto piloto prioritario destinado a acadar os obxectivos da Nube Europea da Ciencia Aberta (EOSC, polas súas siglas en inglés) e apóiase nas redes establecidas entre o EMBL-EBI e as infraestruturas nacionais de datos de saúde pública. 


Plan de Acción ERAvsCorona

O 7 de abril de 2020, os ministros de Investigación e Innovación dos 27 Estados membros da UE apoiaron dez accións prioritarias do Plan de Acción ERAvsCorona, que inclúe a curto prazo baseadas na coordinación, a cooperación o intercambio de datos e os esforzos conxuntos de financiamento entre a Comisión e os Estados membros.  

Ademais da Plataforma Europea de Datos sobre a COVID-19, as demais accións céntranse na coordinación do financiamento, a realización de grandes ensaios clínicos a escala da UE, o aumento da axuda das empresas innovadoras e o apoio a un Hackaton europeo a finais de abril para mobilizar ós innovadores europeos e á sociedade civil. Nos próximos meses, o Plan de Acción actualizarase periodicamente de forma coordinada entre a Comisión Europea e os gobernos nacionais 


Máis información





Fonte- Comisión Europea

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante