Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

14/04/2020

”Equipo Europa”: a resposta mundial da UE á COVID-19 apoiando a países socios

4869F_1586852869_FOTO_global_response.png
  • A Comisión Europea e o Alto Representante presentaron plans para unha resposta específica da UE destinada a apoiar os esforzos dos países socios para atallar a pandemia de COVID-19. 
  • A Acción colectiva da UE centrarase en abordar a crise sanitaria inmediata e as necesidades humanitarias derivadas da mesma, reforzar os sistemas sanitarios, hídricos e de saneamento dos países socios e as súas capacidades de investigación e preparación para facer fronte á pandemia e paliar o impacto socioeconómico. 
  • Para apoiar estas accións, a UE garantirá apoio financeiro ós países socios por un importe de máis de 15 600 millóns de euros con cargo ós recursos de acción existentes. 

Bruxelas, 14 de abril de 2020-A resposta da UE segue unha formulación coñecida como “Equipo Europa”, que combina recursos da UE, os seus Estados membros e institucións financeiras, en particular o Banco Europeo de Investimento (BEI) e o Banco Europeo de Reconstrución e Desenvolvemento, para apoiar ós países socios e satisfacer as súas necesidades a curto prazo, facendo tamén fronte ás repercusións estruturais a longo prazo sobre as sociedades e a economía. Os primeiros paquetes “Equipo Europa” xa se están executando nos Balcáns occidentais e os países meridionais e orientais veciños. 

A UE centrarase nos países máis afectados que precisan apoio sanitario, como os países da veciñanza, de África, os Balcáns occidentais, Oriente Medio e o Norte de África e zonas de Asia, América Latina e o Caribe. A resposta da UE centrarase nas persoas máis vulnerables, como os migrantes, os refuxiados, os desprazados internos e as súas comunidades de acollida, e integrará os seus obxectivos estratéxicos establecidos no Pacto Verde e na Axenda Dixital. 

Do paquete global de 15 600 millóns de euros, destinaranse a África 3 250 millóns de euros

Un total de 3 070 millóns de euros serán concedidos a todos os países da veciñanza e 800 millóns de euros ós Balcáns occidentais e Turquía

Ademais, o paquete global inclúe outros 1 420 millóns de euros en garantías para África e a veciñanza con cargo ó Fondo europeo de Desenvolvemento Sostible (FEDS) 

A UE apoiará ás rexións de Asia e Pacífico con 1 220 millóns de euros; outros 291 millóns de euros serán para África, Caribe e Pacífico (ACP); 918 millóns de euros serán destinados a axudar a América Latina e o Caribe e 111 millóns de euros, a apoiar os países e territorios de ultramar

Por outra parte, 502 millóns de euros para accións de resposta de emerxencia destínanse, entre outras cousas, ó seguinte: 

  • Prestar apoio inmediato ós plans de resposta da Organización Mundial da Saúde e as Nacións Unidas, así como ó chamamento do Movemento Internacional da Cruz Vermella e a Media Lúa Vermella para impulsar a preparación e resposta a emerxencias nos países con sistemas sanitarios máis débiles e nos que se sofren crises humanitarias. 
  • Prestar axuda humanitaria inmediata nos países afectados, sobre todo en materia de saúde, auga, saneamento e hixiene e loxística. 
  • Organizar a prestación de axuda en especie ós países afectados a través do Mecanismo de Protección Civil da UE. 
Para apoiar os sistemas hídricos, sanitarios e de investigación destinaranse 2 800 millóns de euros. La UE fará, entre outras cousas, o seguinte: 

  • Apoiar ós países socios na creación de sistemas e de protección social resilientes e con capacidade de resposta. 
  • Apoiar a investigación sobre o diagnóstico, o tratamento e a prevencións, e unha vez que se dispoña dunha vacina, a aprobación acelerada e a subvención de vacinas e a súa subministracións nos países vulnerables. 
Para abordar as consecuencias económicas e sociais, destinaranse 12 280 millóns de euros. La UE fará, entre outras cousas, o seguinte: 

  • Facilitar axudas orzamentarias directas e financiamento en condicións favorables para que os países socios adopten reformas en favor do desenvolvemento socioeconómico e a redución da pobreza e medidas que protexan ós traballadores durante a crise. 
  • Mobilizar axuda macrofinanceira ós países dos Balcáns occidentais e ós países veciños en colaboración co Fondo Monetario Internacional (FMI) 
  • Apoiar ó sector privado, especialmente ás pemes e ós traballadores por conta propia, mediante garantías, inxeccións de liquidez e asistencia técnica e reorientar as garantías do FEDS cara o risco compartido a curto prazo dos préstamos. 


Máis información 

 


  


Fonte: Comisión Europea 

 



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante