Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

14/04/2020

A Comisión Europea ofrece directrices para permitir unha cooperación limitada entre as empresas durante o brote de COVID-19

4868F_1586849400_MEDICAMENTOS.png
A Comunicación ten por obxecto ofrecer directrices en materia de defensa da competencia ás empresas que desexen cooperar e coordinar as súas actividades temporalmente coa finalidade de aumentar a súa produción da maneira máis efectiva e optimizar a subministración, especialmente, dos medicamentos hospitalarios que se precisen urxentemente. 

Bruxelas, 14 de abril de 2020- O brote de COVID-19 provocou unha perturbación xeral da oferta debido á interrupción das cadeas de subministración e a un repentino incremento da demanda causado principalmente por un pronunciado aumento da demanda de determinados produtos e servizos, sobre todo no sector sanitario. Estas circunstancias ameazan con producir escaseza de material médico esencial, o que pode agravarse segundo avance a pandemia. Estas emerxencias de subministración provocadas polo brote de COVID-19 poden xurdir tamén para outros bens e servizos esenciais non pertencentes ó sector sanitario. 

Facer fronte a estas perturbacións excepcionais e evitar a escaseza a tempo pode requirir a rápida coordinación de empresas para superar, ou polo menos paliar, os efectos da crise en beneficio último dos cidadáns. Isto, á súa vez, pode esixir cambiar ou aumentar de escala a produción da maneira máis eficiente. Por exemplo, as empresas poden ter que coordinarse para a xestión das existencias de produción e, posiblemente na distribución, de maneira non todas elas se dediquen a producir un só medicamento, o uns poucos, mentres que outros non se fabrican en cantidade suficiente. En circunstancias normais, esta coordinación sería contraria ás normas de defensa da competencia. Pero no contexto dunha pandemia como a actual, esta coordinación pode aportar importantes beneficios ós cidadáns. 

A Comunicación da Comisión explica en particular os principais criterios que aplicará a Comisión á hora de avaliar os posibles proxectos de cooperación. 

As empresas son responsables de avaliar por si mesmas a legalidade dos seus acordos e prácticas. Non obstante, conscientes da situación excepcional, a Comisión europea estivo en contacto con empresas e asociacións profesionais para axudalas a avaliar a legalidade dos seus plans de cooperación e implantar as axeitadas salvagardas fronte a efectos contrarios á competencia a máis longo prazo. 

Na maioría das ocasións é suficiente coa orientación oral que a Comisión estivo dando ás empresas durante as últimas semanas. Porén, a Comisión tamén está disposta a aportar excepcionalmente ás empresas seguridade por escrito (cartas de compatibilidade) con respecto ós proxectos de cooperación específicos que teñan que ser postos en marcha con rapidez para atallar de maneira efectiva o brote de COVID-19, especialmente cando aínda exista incerteza sobre a compatibilidade de tales iniciativas co Dereito da competencia da UE. 

A Comisión aplicará esta Comunicación a partir do 8 de abril de 2020 ata novo aviso. 


Máis información 

Comunicación Marco que aborda as cuestións antimonopolio relacionadas coa cooperación entre competidores en situacións de emerxencia relacionadas coa COVID-19 

 
Fonte: Comisión Europea 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante