Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/04/2020

Iniciativa Escalar: hasta 1 200 millóns de euros para axudar a empresas con gran potencial a crecer e expandirse en Europa

4867F_1586811092_escalar.jpg
  • A Comisión Europea pon en marcha Escalar, un novo enfoque de investimento, desenvolvido conxuntamente co FEI, que apoiará o capital de risco e o financiamento do crecemento para empresas prometedoras. 
  • Escalar proporcionará ata 300 millóns de euros, destinados a aumentar a capacidade de investimento de fondos de capital risco e de capital de investimento ó impulsar investimentos por un importe máximo de 1 200 millóns de euros, u catro veces o investimento inicial, para apoiar a empresas prometedoras. 

Bruxelas, 13 de abril de 2020- Co lanzamento de Escalar, a Comisión Europea está levando a cabo unha das accións anunciadas na nova estratexia das pemes para mellorar o seu acceso ó financiamento. A iniciativa apoiará ás empresas innovadoras durante a crise e unha vez que esta finalice, co ánimo de garantir que Europa poida estar na vangarda dos avances tecnolóxicos mundiais, así como acelerar a súa recuperación económica. 

Na súa fase piloto para 2020, Escalar proporcionará ata 300 millóns de euros, apoiados polo Fondo Europeo de Investimento (FEI). Con isto, preténdese aumentar a capacidade de investimento dos fondos de capital risco e do capital de investimento, ó impulsar investimentos por un importe máximo de 1 200 millóns de euros, é dicir, catro veces o investimento inicial, para apoiar ás empresas prometedoras. Os xestores de fondos que estean interesados poderán participar neste sistema respondendo á convocatoria de manifestacións de interese publicada polo FEI. 

O obxectivo de Escalar é axudar ó peche de fondos, comprometendo ara un 50% do seu volume. Escalar céntrase tanto nos novos fondos dedicados a financiar empresas emerxentes en expansión, como en fondos xa existentes que desexen apoiar a empresas con gran potencial para que sigan crecendo. 

Despois desta fase piloto para 2020, existe a idea de que Escalar se converta nun dos principais instrumentos financeiros europeos durante o próximo Marco Financeiro Plurianual (2021-2027) 



Fonte: Comisión Europea

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante