Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/04/2020

A Comisión Europea presenta directrices sobre a protección da saúde, a repatriación e as disposicións de viaxe das persoas que se atopan a bordo dos buques.

As directrices adoptadas pola Comisión Europea apoian ós pasaxeiros de cruceiros e ás tripulacións dos buques, ofrecendo recomendacións sobre a saúde, a repatriación e os servizos de viaxe. Tamén invitan ós Estados membros a que creen unha rede de portos nos que poidan realizarse sen retrasos os cambios de tripulación. 

Bruxelas, 13 de abril de 2020- Os Estados membros da UE teñen actualmente normas diferentes sobre os cambios de tripulación nos seus portos. Co ánimo de garantir a claridade para todas as partes interesadas, os EEMM teñen que seguir as orientacións da Comisión Europea para facilitar o réxime de tránsito e as orientacións sobre a aplicación dos “carrís verdes”. No suposto dos nacionais non pertencentes á UE que precisen visado para desembarcar na UE e que non puideron solicitalo debido á situación actual, os Estados membros deben concederllo na fronteira para que poidan ser repatriados rapidamente. 

Estas Directrices instan ós EEMM a que, en coordinación coa Comisión Europea, designen portos nas costas da UE para cambios rápidos de tripulación, que conten con instalacións axeitadas para que a xente domar se someta a controis médicos e, se o esixe o país en cuestión, a corentenas, así como con conexións de transporte ó seu país de orixe. 

Ademais, os operadores de cruceiros deben asumir a responsabilidade xeral de organizar a repatriación dos pasaxeiros e as tripulacións dos seus cruceiros, mesmo dende os portos non pertencentes á UE. A Comisión europea pide ós EEMM que axuden ós operadores a identificar os portos axeitados para o seu desembarque e a organizar o desembarco e a repatriación dos seus clientes e tripulacións. Se se sabe que hai persoas a bordo infectadas con COVID-19, os buques teñen que ser dirixidos a un porto próximo onde os hospitais teñan capacidade suficiente. 

Recomendacións sanitarias e informes 

Xa existe a obriga de que os buques presenten unha Declaración Marítima de Sanidade antes de entrar nun porto. Ademais, a Comisión recomenda que os buques que se aproximen comuniquen, catro horas antes da hora estimada de chegada, o número de persoas a bordo e calquera caso sospeitoso ou confirmado de COVID-19. 

Estas Directrices non inclúen ós membros da tripulación dos buques de pesca, que entran no ámbito de aplicación das orientacións sobre a libre circulación de traballadores durante o brote de COVID-19 e as medidas de xestión das fronteiras con vistas á protección da saúde e a garantir a dispoñibilidade dos bens e os servizos esenciais. 

Máis información 



 

Fonte: Comisión Europea 

 

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante