Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/04/2020

A Comisión Europea invita ós Estados membros a prorrogar a restrición dos viaxes non esenciais da UE ata o 15 de maio

4865F_1586793108_PASAPORTE.png
A Comisión Europea invitou ós Estados membros e ós Estados asociados de Schengen a prorrogar a restrición das viaxes non esenciais á UE ata o 15 de maio. A experiencia dos Estados membros e outros países expostos á pandemia mostra que se requiren máis de 30 días para que as medidas aplicadas para loitar contra a propagación do virus sexan eficaces 

Bruxelas, 13 de abril de 2020- A Comisión avoga por un enfoque coordinado da prórroga, posto que a actuación nas fronteiras exteriores só pode ser eficaz se a aplican todos os Estados da UE e de Schengen en todas as fronteiras exteriores, coa mesma data de finalización, de maneira uniforme. 

A restrición das viaxes, así como a invitación a prorrogala, aplicase ó “espazo UE+” (incluíndo Bulgaria, Croacia, Chipre e Romanía) e ós catro Estados asociados de Schengen (Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza) 

O Centro Europeo para a prevención e o Control de Enfermidades (ECDC, polas súas siglas en inglés) avalía o risco dun aumento da transmisión comunitaria como moderado se existen medidas de mitigación e como moi alto se as medidas de mitigación son insuficientes, mentres que o risco de que a capacidade dos sistemas sanitarios e de asistencia social se vexan desbordados nas próximas semanas se avalía como alto, mesmo adoptando medidas de mitigación. 

Dende a aplicación da restrición das viaxes na segunda quincena de marzo, o tráfico aéreo de pasaxeiros reduciuse case a cero e os voos restantes son principalmente de transporte de carga e repatriación. Pode observarse unha tendencia similar no tráfico de pasaxeiros noutros modos de transporte, como o transporte en autocar e ferrocarril. 

A Comisión Europea seguirá asistindo ós Estados membros na aplicación da restrición das viaxes non esenciais á UE, en particular mediante debates periódicos nas reunións por videoconferencia cos ministros de Interior. Toda prórroga adicional da restrición nas viaxes máis aló do 15 de maio deberá avaliarse de novo sobre a base da evolución da situación epidemiolóxica. 


Contexto

O 16 de marzo de 2020, a Comisión Europea invitou ós xefes de Estado e de Goberno a introducir unha restrición temporal nas viaxes non esenciais á UE durante un prazo inicial de 30 días. Os dirixentes subscribiron este chamamento o 17 de marzo e todos os Estados membros da UE (excepto Irlanda) e os países Schengen non pertencentes á UE adoptaron dende entón decisións nacionais para aplicar esta restrición das viaxes. Para axudar ós EEMM, a UE presentou o 30 de marzo de 2020 unhas directrices sobre a maneira de aplicar a restrición temporal das viaxes, facilitar as repatriacións dende calquera lugar do mundo e resolver os casos das persoas que se vexan forzadas a permanecer da UE máis tempo do autorizado como consecuencia das restricións das viaxes. 

 

Fonte: Comisión Europea 

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante