Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

08/04/2020

O BCE anuncia un paquete de medidas temporais para mitigar o endurecemento das condicións financeiras na zona euro

En resposta ao impacto económico do coronavirus, o Consello de Goberno do Banco Central Europeo (BCE) adoptou un paquete de medidas sen precedentes para suavizar as estritas condicións financeiras da zona euro. 

Bruxelas, 8 de abril de 2020. O BCE aprobou unha batería de medidas para relaxar as garantías esixidas para que as entidades bancarias do Eurosistema participen en operacións de inxección de liquidez, como as operacións de financiamento a longo prazo con fins específicos (TLTRO-III). O paquete complementa outras medidas anunciadas recentemente polo BCE, incluídas as operacións de financiamento nun prazo máis longo (OFPML), e o Programa de adquisicións de emerxencia para casos de pandemia (PEPP). As medidas apoian conxuntamente a concesión de préstamos bancarios, especialmente facilitando as condicións en que se aceptan os dereitos de crédito como garantía, é dicir, aceptando activos de peor calidade como garantía en operacións de liquidez.
O Eurosistema está a aumentar a súa tolerancia ao risco para apoiar a concesión de crédito a través das súas operacións de refinanciamento, en particular reducindo sistematicamente os recortes de valoración de activos de garantía.

O paquete colateral de emerxencia contén tres características principais.

1. O BCE pon en marcha un conxunto de medidas de garantía para facilitar un aumento do financiamento bancario a empresas e fogares. Isto lograrase ampliando o uso dos dereitos de crédito como garantía, en particular mediante a posible ampliación dos marcos de dereitos de crédito adicionais (ACC polas súas siglas en inglés). Este marco ofrece aos supervisores nacionais (Bancos Centrais) a posibilidade de aceptar préstamos de menor calidade crediticia, préstamos a outros tipos de debedores ou préstamos en moeda estranxeira.

Neste sentido, o BCE decidiu prorrogar temporalmente os marcos dos dereitos de crédito adicionais (ACC):
  • Acomódanse os requisitos para incluír os préstamos garantidos polo goberno e o sector público a empresas, PEMES, autónomos e fogares, a fin de proporcionar liquidez aos préstamos que se benefician dos novos sistemas de garantía adoptados nos Estados membros da zona do euro como resposta á pandemia de coronavirus;
  • Facilítanse os sistemas de avaliación crediticia aceptables, por exemplo, facilitando a aceptación das avaliacións crediticias dos propios bancos a partir de sistemas internos baseados en cualificacións que sexan aprobados polos supervisores;
  • Redúcense os requisitos de presentación de informes sobre o nivel dos préstamos.
2. O BCE adoptou ademais as seguintes medidas provisionais:
  • Redución do nivel do limiar de tamaño mínimo non uniforme dos dereitos de crédito internos a 0 euros, en comparación cos 25.000 euros anteriores, co fin de facilitar a mobilización como garantía dos préstamos das pequenas empresas;
  • Aumento do 2,5% ao 10%, da porcentaxe máxima de instrumentos de débeda non garantidos emitidos por calquera outro grupo bancario no fondo común de garantías dunha entidade de crédito. Isto permitirá que as contrapartes benefíciense dunha maior proporción deses activos.
  • Exención do requisito de calidade crediticia mínima para os instrumentos de débeda negociables emitidos pola Grecia.
3. O BCE decidiu aumentar temporalmente o seu nivel de tolerancia ao risco nas operacións de crédito a través dunha redución xeral dos recortes de valoración de garantías nun factor fixo do 20%.

Estas medidas son temporais mentres dure a crise da pandemia e están vinculadas á duración do PEPP. Volveranse a avaliar antes de finais de 2020, considerando tamén se é necesario ampliar algunhas destas medidas para garantir que a participación das entidades de contrapartida do Eurosistema nas súas operacións de inxección de liquidez non se vexa afectada negativamente.

Fonte: Banco Central Europeo


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante