Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/04/2020

A Comisión Europea facilita o tratamento de pacientes e o despregamento de persoal médico a través das fronteiras

4858F_1586261784_EU_Emergency_Assitance.jpg

  • A Comisión Europea publicou unhas Directrices destinadas ós Estados membros para apoiar e fomentar a cooperación transfronteiriza en materia de asistencia sanitaria entre as autoridades nacionais, rexionais e locais. 
  • A cooperación transfronteiriza pode contribuír a aliviar a presión sobre os hospitais sobrecargados transferindo pacientes con COVID-19 para que reciban tratamento nos EEMM con prazas de hospital dispoñibles. 
  • A Comisión axudará ós Estados membros e ás organización non gobernamentais a enviar equipos de persoal médico cualificado para ofrecer asistencia a través das fronteiras. 

Bruxelas, 7 de abril de 2020- As Directrices sobre a axuda de emerxencia da UE na cooperación transfronteiriza en materia de asistencia sanitaria relacionada coa crise da COVID-19 establecen un enfoque máis coordinado da cooperación transfronteiriza en materia de asistencia sanitaria de urxencia e destacan o apoio e a asistencia adicionais que a Comisión ten que prestar ás autoridades sanitarias dos Estados membros, en particular:

  • Coordinando as solicitudes de asistencia sanitaria transfronteiriza a través do Comité de Seguridade Sanitaria (presidido pola Comisión) e o Sistema de Alerta Precoz e Resposta da UE. Estas solicitudes poden referirse, por exemplo, a prazas de coidados intensivos e ó tratamento e á transferencia de pacientes ou de equipos cualificados de persoal médico. 
  • Apoiando ás autoridades sanitaria que soliciten axuda mediante o Mecanismo de Protección Civil da UE, que permite á Comisión Europea coordinar e co financiar o transporte transfronteirizo de emerxencia de pacientes e equipos de persoal médico cualificado. 
  • Establecendo mecanismos para a mobilidade transfronteiriza  dos pacientes e explicando quen ten que facer o reembolso dos custos sanitarios dos tratamentos  transfronteirizos, de conformidade cos regulamentos sobre coordinación dos sistemas de seguridade social. 
  • Fomentando o despregamento de equipos de persoal médico cualificado a través das fronteiras . A A Comisión Europea tamén anima ás autoridades sanitarias locais, rexionais e nacionais a recorrer a acordos bilaterais e rexionais existentes e a clarificar o recoñecemento mutuo das cualificacións profesionais médicas. 
  • Xestionando un sistema de apoio á xestión clínica para axudar ós profesionais sanitarios a compartir coñecementos e experiencia, que ofrece unha plataforma de teleconferencia na web que permite ós médicos intercambiar coñecementos, dialogar e compartir casos clínicos en toda a UE. 
Ademais, cabe destacar que: 

  • Os gastos sanitarios son subvencionables no marco dos Fondos Estruturais. 


Máis información

Directrices sobre a axuda de emerxencia da UE na cooperación transfronteiriza en materia de asistencia sanitaria relacionada coa crise da COVID-19 [C (2020) 2153 final]



Fonte: Comisión Europea

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante