Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/04/2020

A Comisión Europea amplía o Marco Temporal de Axudas de Estado

A Comisión Europea adoptou unha modificación pola que se amplía o Marco Temporal adoptado o 19 de marzo de 2020 para que os Estados membros poidan acelerar a investigación, os ensaios e a produción de produtos relacionados coa COVID-19 

Bruxelas, 6 de abril de 2020- A modificación amplía o Marco Temporal ó contemplar cinco tipos máis de axudas, complementando outras posibilidades xa dispoñibles para os EEMM para mitigar o impacto socioeconómico do brote de COVID-19 [artigos 107.2.b; 107.3.b y 107.3.c del Tratado de Funcionamento de la UE (TFUE)], en consonancia coas normas de axudas estatais da UE: 

i) Apoio á I+D en materia de COVID-19: para facer fronte á actual crise sanitaria, os Estados membros poderán conceder xudas en forma de subvencións directas, anticipos reembolsables ou beneficios fiscais á I+D en materia de COVID-19.   

ii) Apoio construción e mellora de laboratorios de ensaios: os EEMM poderán conceder axudas en forma de subvencións directas, vantaxes fiscais, anticipos reembolsables e garantías de non perda coa finalidade de apoiar inversións que permitan a construción ou mellora das infraestruturas precisas para desenvolver e ensaiar produtos útiles para facer fronte ó brote de COVID-19 ata o seu primeiro despregamento industrial. Entre eles atópanse produtos como medicamentos (incluídas as vacinas) e tratamentos; aparatos e dispositivos médicos (incluídos respiradores e roupa de protección, así como ferramentas de diagnóstico); desinfectantes; ferramentas de recollida e procesamento de datos útiles para loitar contra a propagación do virus. 

iii) Apoio á fabricación de produtos que sirvan para combater o brote de COVID-19: os Estados membros poderán conceder axudas en forma de subvencións directas, vantaxes fiscais, anticipos reembolsables e garantías de non perda para apoiar o investimento que permita a rápida fabricación de produtos que sirvan para combater o brote de COVID-19. 

iv) Apoio específico en forma de aprazamentos de pago de impostos ou suspensións das cotizacións da seguridade social: para reducir as dificultades de liquidez das empresas e preservar o emprego, os EEMM poderán conceder aprazamentos específicos do pago de impostos e das cotizacións da seguridade social nos sectores, rexións e tipos de empresas máis afectados pola pandemia. 

v) Apoio específico en forma de subsidios salariais para os traballadores: para contribuír a limitar o impacto da crise nos traballadores, os EEMM poderán contribuír ós custos salariais destas empresas en sectores ou rexións máis afectadas polo brote de COVID-19 e que, doutro xeito, terían que despedir persoal. 

A modificación do Marco Temporal amplía tamén os tipos existentes de axuda que os Estados membros poderán conceder ás empresas que o precisen. Agora, os EEMM poderán conceder, por un valor nominal de ata 800 000 € por empresa, préstamos con interese cero, garantías sobre préstamos que cubran o 100% do risco ou facilitar capital. Isto pode combinarse tamén con axudas de minimis (para que as axudas por empresa poidan acadar o millóns de euros) e con outro tipo de axuda. 

O Marco Temporal estará vixente ata finais de decembro de 2020. Para garantir a seguridade xurídica, a Comisión Europea avaliará antes desa data a súa posible prórroga.  

  
Máis información 


 

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante