Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

03/04/2020

Novo Instrumento de Axuda de Emerxencia da Unión Europea en favor do sector sanitario

4853F_1585927097_P025066000602-923042.jpg
A Comisión presentou unha proposta lexislativa global para financiar e aplicar medidas de apoio directo aos sistemas sanitarios dos Estados membros. Esta iniciativa deberá ser apoiada polo Parlamento Europeo e o Consello. 

Bruxelas, 3 de abril de 2020. A iniciativa ten como obxectivo prestar apoio directo aos sistemas sanitarios dos Estados membros da UE no seu combate contra a pandemia do coronavirus mediante unha serie de medidas que poden adoptarse con máis eficacia a escala da UE. Nesta liña, a Comisión realizou unha avaliación inicial das necesidades e traballará xunto cos Estados membros para precisar as súas necesidades e darlles prioridade.

Con este Instrumento de Axuda de Emerxencia, a Comisión poderá:
  • Comprar directamente ou contratar axuda de emerxencia en nome dos Estados membros e distribuír equipos médicos, como máscaras e respiradores;
  • Apoiar financieramente e coordinar necesidades urxentes como o transporte de equipos médicos e de pacientes en rexións transfronteirizas;
  • Prestar apoio á construción de hospitais de campaña móbiles.
Para aplicar esta iniciativa, a Comisión colaborará con:
  • Autoridades sanitarias nacionais;
  • Estados membros;
  • Organizacións internacionais;
  • Sector non gobernamental.
Medidas que poderán adoptarse a través Instrumento de Axuda de Emerxencia
  • Apoiar as importacións, o transporte e a distribución de material de protección, con atención especial ás rexións máis afectadas;
  • Axudar ao traslado de pacientes en situación de necesidade a hospitais transfronteirizos que poidan ofrecer esa capacidade; 
  • Impulsar o rápido desenvolvemento de medicamentos e métodos de test.
  • Estas medidas dependerán das necesidades dos países da UE.Tamén se poderán levar a cabo outras actuacións, en función de como evolucionen as necesidades dos Estados membros, hospitais, médicos e pacientes.
Financiamento

Para asegurar o financiamento necesario, a Comisión baséase enteiramente no orzamento da UE para o período 2014-2020 e mobiliza todos os recursos dispoñibles dentro dos límites de gasto para 2020.

Por iso a Comisión presenta tamén un proxecto de orzamento rectificativo, unha proposta de reorganización dunha parte do gasto da UE para este ano acorde coas últimas prioridades, a fin de asegurar:
  • 300 millóns EUR para a capacidade de equipos médicos de rescEU. Isto contribuirá a adquirir e distribuír equipos médicos adicionais en toda a UE. O financiamento engádese aos 80 millóns EUR asignados xa o mes pasado.
  • 2 700 millóns EUR directamente para o Instrumento de Axuda de Emerxencia da Unión Europea, cuxa finalidade xeral consiste en complementar os demais instrumentos da UE, cando estes non poden actuar en solitario, respondendo directamente a situacións de crises en toda a UE, para que poida utilizarse no contexto da pandemia do coronavirus.
  • A Comisión activará a flexibilidade remanente do actual orzamento a longo prazo ?reservas que pasan os límites anuais? para financiar esta operación.

Debido a que as necesidades son maiores que o orzamento dispoñible, a Comisión explorará outras vías para atraer financiamento, en particular doazóns de particulares, fundacións e mesmo accións de financiamento participativo. A Comisión está a tratar de establecer todas as modalidades necesarias para permitir a recollida rápida de contribucións e doazóns. O orzamento podería reforzarse aínda máis a través destes medios, así como con novos créditos orzamentarios en 2021, unha vez establecido un orzamento para o devandito ano (sobre a base dun acordo sobre o MFP 2021-2027).

Distribución entre os Estados membros 

O obxectivo da iniciativa será facilitar apoio específico aos Estados membros e as rexións máis afectadas.

Dada a rápida evolución da crise sanitaria en toda a Unión, resulta imposible establecer unha asignación predeterminada por Estado membro. O equipo que xestiona a iniciativa seguirá a evolución da situación e responderá en función da gravidade relativa da crise nos distintos Estados membros e tendo en conta as medidas e instrumentos xa existentes.

Máis información








Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante