Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

03/04/2020

A Comisión Europea propón SURE, un instrumento temporal para protexer o emprego e ós traballadores

4852F_1585926707_SURE_II.png
A Comisión Europea presentou unha proposta de Regulamento mediante a que se establece un instrumento temporal europeo de apoio denominado SURE (Support to mitigate Unemployment Risks in an Emergency), que, no contexto da actual crise sanitaria, facilitará ata 100 000 millóns € en préstamos ós EEMM que o precisen para garantir que os traballadores reciban ingresos e que as empresas manteñan o seu persoal. 

 
Bruxelas, 3 de abril de 2020- A axuda financeira con cargo ó instrumento SURE adoptará a forma dun préstamo da UE ós Estados membros que así o soliciten. Mediante este instrumento, a Comisión Europea tomará fondos prestados nos mercados financeiros no nome da UE, co ánimo de obter condicións favorables para os EEMM máis afectados pola crise sanitaria, en particular España e Italia. Tendo en conta análises previos da Comisión, na actualidade poderían recorrer a este instrumento ata 15 Estados membros. 

Tras a solicitude de axuda financeira presentada por un Estado membro, este será consultado pola Comisión Europea para comprobar o alcance do aumento do gasto público que estea directamente relacionado coa creación ou ampliación dos réximes de redución do tempo de traballo e de medidas similares para os traballadores por conta propia. Sobre a base da consulta, a Comisión presentará unha proposta de decisión ó Consello para prestar axuda financeira que, unha vez aprobada, adoptará a forma dun préstamo da UE ó Estado Membro que solicite axuda. 

Estes préstamos asistirán ós EEMM á hora de facer fronte ós aumentos repentinos de gasto público destinado a preservar o desemprego. Concretamente, axudarán a sufragar os custos directamente relacionados coa creación ou a ampliación dos réximes nacionais de redución do tempo de traballo, así como outras medidas similares que se tiveran aplicado en favor dos traballadores por conta propia como resposta a actual pandemia. 

Os préstamos concedidos ós Estados membros con cargo ó instrumento SURE estarán apoiados por un sistema de garantías voluntarias dos Estados membros. Así poderá a Comisión Europea ampliar o volume de préstamos que poderán concederse ós EEMM. Con esta fin, é necesario un importe mínimo de garantías concedidas (é dicir, o 25% do importe máximo de préstamos de 100 000 millóns €) 

SURE só estará operativo unha vez que se confirme a contribución de todos os Estados membros e as contribucións. As contribucións de cada Estado membro serán calculadas tendo en conta a súa participación en relación co ingreso nacional bruto total da UE. Ademais, neste período de transición posterior ó Brexit, a regulación non se aplica ó Reino Unido, quen tampouco fixo ningunha solicitude de participación. 

 
Próximos pasos 

O Regulamento baséase no artigo 122 do Tratado de Funcionamento da UE (TFUE), que permite ó Consello, a proposta da Comisión decidir medidas axeitadas á situación económica” e “no suposto de dificultades ou no suposto de serio risco de dificultades graves nun Estado membro, ocasionadas por catástrofes naturais ou acontecementos excepcionais que este Estado non pode controlar (…) acordar, en determinadas condicións, unha axuda financeira da Unión” 

O Regulamento terá que ser aprobado polo Consello á maior brevidade posible. Dado que se require a contribución dos 27 EEMM para activar o Instrumento, será precisa a unanimidade para que a proposta sexa adoptada. 

O novo Instrumento terá carácter temporal. A súa duración e alcance estarán limitados ó preciso para facer fronte ás consecuencias derivadas do brote de COVID-19. 

 
Máis información 

Proposta da Comisión de Rregulamento do Consello 

Ficha informativa: Apoio ós Estados membros para contribuír á protección do emprego e ós traballadores 

 
Fonte: Comisión Europea 

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante