Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

03/04/2020

A Comisión Europea anuncia novas medidas de apoio ó sector pesqueiro para facer fronte á crise sanitaria

4851F_1585923769_IMG_4930.jpg
Para apoiar ós sectores da pesca e a acuicultura europeos na loita contra o impacto da COVID-19, a Comisión Europea vén de poñer en marcha un novo conxunto de medidas no marco do Fondo Marítimo e de Pesca (FEMP) 

Bruxelas, 3 de abril de 2020- O novo paquete de medidas inclúe: 

  • Apoio para o cese temporal das actividades pesqueiras debido á COVID-19. 
  • Apoio ós acuicultores para a suspensión da produción e os custos adicionais. 
  • Apoio ás organizacións de produtores para o almacenamento dos produtos da pesca e a acuicultura. 
  • Outras modificacións do Regulamento do FEMP permiten unha reasignación máis flexibles dos recursos financeiros dentro dos programas operativos de cada Estado membro e un procedemento simplificado para modificar os programas operativos con respecto á introdución das novas medidas. 
Ademais: 

Para a pesca- a contribución da UE será dun 75% e as axudas suxéitanse ó mesmo límite financeiro que o resto de medidas de cese temporal. Ademais, flexibilízase a norma permitindo o apoio de buques que xa recibiron os seis meses de apoio do FEMP baixo o artigo 33 do Regulamento. 

Para a acuicultura- a compensación calcularase sobre a base dos ingresos non percibidos e a contribución será novamente do 75% 

Cos pescadores obrigados a permanecer no porto e os piscicultores enfrontados á perspectiva de ter que desfacerse dos produtos non empregados, estas medidas temporais e específicas servirán para proporcionar axuda inmediata durante a crise sanitaria. 

A Comisión Europea desexa fomentar unha maior estabilidade do mercado, mitigar o risco de que se desperdicien produtos mariños de alto valor ou se reorienten a fins alimentarios non humanos, así como a axudar a absorber o impacto da crise no retorno dos produtos. 

Sempre que a proposta da Comisión sexa aprobada polo Consello e o Parlamento Europeo sen emendas, os gastos das operacións apoiadas no marco das medidas específicas relacionadas coa COVID-19 serán subvencionables retroactivamente dende o 1 de febreiro de 2020 ata o31 de decembro de 2020. 

As operacións apoiadas deberán cumprir coas condicións de elixibilidade establecidas polo Regulamente. Deste xeito, os Estados membros xa poden comezar a seleccionar e apoiar estas operacións. 

 

Fonte: Comisión Europea 

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante