Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

01/04/2020

A UE aproba a concesión de case 240 millóns para reforzar a resiliencia nos países veciño de Siria que acollen a refuxiados deste país debido ó brote de COVID-19

A Unión Europea  reforza o seu apoio ós refuxiados procedentes de Siria e ás persoas vulnerables en Iraq, Xordania e o Líbano mediante un novo paquete de case 240 millóns €, o que eleva a axuda total cun cargo ó Fondo Fiduciario rexional da Unión Europea en resposta á crise siria a máis de 2 000 millóns € 

Bruxelas, 1 de abril de 2020- O novo apoio reviste especial importancia no contexto da actual pandemia de COVID-19 e facilitará a axuda adicional ás persoas máis vulnerables da rexión, ademais de asistir ós países de acollida para que poidan afrontar mellor os retos da saúde pública, entre outras cousas. 

O novo paquete de axuda adoptado consta do seguinte: 

  • 100 millóns € para reforzar a resiliencia dos fogares vulnerables e os refuxiados sirios, así como contribuír á creación de redes sostibles de protección social en Líbano;
  • 57,5 millóns € para reforzar o sistema educativo público de Líbano a fin de ofrecer unha educación inclusiva e de calidade ós nenos vulnerables, tanto do país como refuxiados sirios, naquel país; 
  • 27,5 millóns € para proporcionar unha educación inclusiva, equitativa e de calidade ós sirios dos campos de refuxiados de Xordania; 
  • 22 millóns € para mellorar o sistema de saúde pública de Xordania, incluída a prevención e a xestión de enfermidades, en particular a través da atención sanitaria primaria; 
  • 11 millóns € para axudar ás mulleres do país e refuxiadas e así mellorar as súas oportunidades de subsistencia en Xordania; 
  • 10, 5 millóns € para apoiar uns sistemas, políticas e servizos de protección da infancia sostibles e de calidade para os nenos e as mulleres do Líbano. 
  • 10 millóns € para mellorar as condicións de vida e de vivenda de retornados vulnerables e apoiar a consolidación da paz na rexión iraquí de Nínive Occidental. 

 O paquete de axudas foi adoptado polo Comité de Xestión do Fondo Fiduciario, que reúne á Comisión Europea, ós Estados membros da UE, o Reino Unido e Turquía. Entre os observadores do Comité de Xestión deputados do Parlamento Europeo e representantes de Iraq, Xordania, Líbano, o Banco Mundial e o Fondo Fiduciario para a recuperación de Siria. Con este paquete agora adoptado, o Fondo Fiduciario asume compromisos por un importe superior a 2 000 millóns € para accións concretas na rexión dende 2015, axudando tanto a refuxiados como ós países de acollida 

 Antecedentes 

Dende a súa creación en decembro de 2014, un alto porcentaxe da axuda da UE destinada ós refuxiados sirios e ós países veciños de Siria prestouse con cargo ó Fondo Fiduciario rexional da UE en resposta á crise siria, o cal reforza unha resposta integrada da UE á criseAsiocúpase das necesidades e a resiliencia a longo prazo para mellorar a autosuficiencia dos refuxiados sirios e ó mesmo tempo contribuír a aliviar a presión das administracións e as comunidades de acollida de países veciños como Iraq, Xordania, Líbano e Turquía.  

Os programas do Fondo Fiduciario apoian os servizos de educación básica, a protección da infancia, a educación superior, un mellor acceso á atención sanitaria, a mellora das infraestruturas hídricas e de augas residuais, a resiliencia, o empoderamento da muller e a loita contra a violencia de xénero, ademais de oportunidades económicas e a estabilidade social.  

 

Máis información 

 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante