Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

31/03/2020

A Comisión Europea presenta directrices sobre a aplicación da restrición temporal dos viaxes non esenciais á UE

4843F_1585758881_P021869002402-646072.jpg

A Comisión Europea vén de publicar unhas Directrices sobre a aplicación da restrición temporal das viaxes non esenciais á UE. Estas responden á petición do Consello Europeo de 26 de marzo de facilitar a organización do tránsito dos cidadáns repatriados, e perseguen abordar as preocupacións prácticas dos cidadáns e as empresas sobre as medidas adoptadas para limitar a propagación da COVID-19, así como das autoridades nacionais que aplican as medidas. 

Bruxelas, 31 de marzo de 2020ADirectrices sobre a aplicación da restrición temporal das viaxes non esenciais á UE, que axudarán ós gardas de fronteiras e ás autoridades competentes en materia de visados, facilitan asesoramento sobre a aplicación da restrición temporal na fronteira así como do réxime de tránsito para a repatriación de cidadáns da UE e a expedición de visados.  

Aplicacións nas fronteiras da restrición temporal das viaxes 

Facilítanse directrices prácticas detalladas ás autoridades fronteirizas sobre cuestións clave, como poden ser: 

  • Criterios para a denegación de entradaA restrición relativa ás viaxes non esenciais á UE aplícase ós nacionais de terceiros países non residentes que presentan síntomas pertinentes ou que se visen especialmente expostos ó risco de infección e constitúan unha ameaza para a saúde publica. Toda decisión relativa á denegación de entrada ten que ser proporcionada e non discriminatoria. 
  • Excepcións- Os nacionais de todos os Estados membros da UE e dos Estados asociados de Schengen e dos seus familiares, así como dos nacionais de terceiros países que sexan residentes de larga duración na UE, están exentos da restrición temporal de viaxes a efectos do seu regreso ó país de orixe. Algúns traballadores de fóra da UE tamén están exentos, como os profesionais da saúde, os traballadores fronteirizos e os traballadores temporais agrícolas. 
  • Seguridade- As autoridades fronteirizas deben aplicar estritamente o Código de fronteiras Schengen ós viaxeiros que teñan a entrada permitida. Deben comprobar a autenticidade dos documentos de viaxe e as autoridades nacionais teñen que proceder a controis sistemáticos do Sistema de Información de Schengen a efectos da protección contra posibles ameazas terroristas ou a delincuencia transfronteiriza 
  • Inspeccións de saída- As autoridades fronteirizas  deben facilitar información sobre a restrición das viaxes e os casos preocupantes ós servizos sanitarios pertinentes. No suposto de que se se esgoten os recursos nacionais dedicados á inspección fronteiriza, os EEMM poderán dar prioridade ás inspeccións á entrada sobre as inspeccións á saída, na medida do posible sen que isto afecte ás medidas sanitarias nacionais. 

Tránsito e repatriación

Os EEMM teñen que facilitar o tránsito dos cidadáns de todos os Estados membros da UE e dos Estados asociados de Schengen e dos seus familiares, independentemente da súa nacionalidade, así como dos nacionais de terceiros países titulares dun permiso de residencia e das persoas ó seu cargo que regresen ó seu Estado membro de nacionalidade ou residencia. 

Solicitude de visado

Os consulados dos EEMM deben seguir abertos e garantir servizos mínimos de tramitación  das solicitudes de visado presentadas por viaxeiros exentos da restrición temporal das viaxes. 

Non se debe sancionar ós viaxeiros de terceiros países que teñan que permanecer na UE máis tempo do que estean autorizados debido á restrición das viaxes. No caso dos viaxeiros que se atopan actualmente no espazo Schengen con un visado para estancias de curta duración e que se vexan obrigados a permanecer máis tempo do permitido polo seu visado, os EEMM poderán prorrogar este último ata unha estancia máxima de 90 días en calquera período de 180 días. Ademais, os EMM deben expedir un visado para estancias de longa duración e un permiso de residencia temporal ós titulares de visados para estancias de curta duración e ós viaxeiros exentos da obriga de visado que se vexan obrigados a quedarse máis de 90 días en calquera período de 180 días. 

Tamén se anima ós Estados membros a que renuncien a impoñer sancións ós viaxeiros de terceiros países que non poidan irse a tempo debido á restrición das viaxes. 

 

 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante