Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/03/2020

O Fondo de Solidariedade Europea poderá utilizarse para facer fronte á crise do COVID 19

4838F_1585577024_eusf_portugal.png
A Unión Europea vén de estender o ámbito de aplicación deste fondo creado hai case 20 anos para achegar a solidariedade europea ás rexións sinistradas por catástrofes naturais.

Bruxelas, 30 de marzo de 2020. Tras a proposta realizada o 13 de marzo, o Consello e o Parlamento Europeo aprobaron a modificación do regulamento do Fondo de Solidariedade Europeo (FSUE) para que tamén poida ser utilizado nesta crise sanitaria. O seu funcionamento é unha expresión de solidariedade dentro da UE pola que os Estados membros acordan apoiarse mutuamente en caso de catástrofes achegando recursos financeiros adicionais a través do orzamento da UE.

Mediante unha modificación do seu regulamento, introduciuse unha nova cláusula segundo a cal os Estados membros poderán recorrer a el para compensar os gastos incorridos en caso dunha ”emerxencia grave de saúde pública” que resultase nunha carga financeira estimada en máis de 1.500 M € ou 0,3% da súa RNB. No entanto,  non se contempla a posibilidade de que o FSUE atenda emerxencias sanitarias a nivel rexional como si ocorre coas catástrofes naturais, no caso de que estas produzan danos directos superiores ao 1,5% do PIB dunha rexión de nivel NUTS 2.

Para tratar de que a axuda chegue máis rápido, aumentouse, ademais,  o nivel dos anticipos para todas as intervencións, dun 10 a un 25 % da contribución prevista do FSUE, cun límite máximo de 100 M € en lugar dos 30 actuais. Anualmente, o FSUE dispón de 500 M€ por ano, do que unha cuarta parte se reserva para o último trimestre do ano a fin de asegurar unha intervención equilibrada. 

No caso das emerxencias graves de saúde pública, o obxectivo do FSUE será complementar os esforzos dos Estados afectados e cubrir parte do seu gasto público para a prestación rápida de asistencia, incluída a médica, á poboación afectada e a protexer á poboación fronte ao risco de verse afectada, entre elas a prevención, o seguimento ou o control da propagación de enfermidades, a loita contra os riscos graves para a saúde pública ou a redución do seu impacto na saúde pública

Fondo Europeo de Adaptación á Globalización
Así mesmo, a Comisión Europea lembra a posibilidade de recorrer ao Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) para apoiar aos traballadores despedidos e os traballadores por conta propia como consecuencia da crise económica ou a globalización.

Cun orzamento máximo de 150 M € ao ano, o FEAG pode financiar até o 60% do custo dos proxectos concibidos para axudar aos traballadores despedidos ou aos autónomos que tiveron que cesar a súa actividade a atopar un novo emprego ou crear a súa propia empresa. 

Os Estados membros poden solicitar axuda deste fondo se se demostra: 
  • O despedimento durante catro meses de como mínimo 500 traballadores dunha empresa, contando tamén o cesamento de actividade dos seus provedores ou transformadores dos produtos da devandita empresa;
  • O cesamento da actividade durante nove meses de como mínimo 500 traballadores , en particular de pequenas ou medianas empresas, que operen todos nun mesmo sector económico e situado nunha rexión ou en dúas ou máis rexións contiguas de nivel NUTS 2


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante