Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/03/2020

A Comisión propón aumentar o orzamento para voos de repatriación e para a reserva de emerxencia rescEU

4836F_1585569124_Imagen_rescUE.jpg

Bruxelas, 30 de marzo de 2020. A Comisión Europea propuxo hoxe habilitar 75 millóns EUR con cargo ao orzamento da UE para axudar aos Estados membros a repatriar a cidadáns da UE e para aumentar o orzamento da reserva de emerxencia de equipos médicos coñecida como RescEU.

Voos de repatriación

Grazas aos voos de repatriación organizados a través do Mecanismo de Protección Civil da Unión e cofinanciados pola UE, 2 312 persoas foron xa repatriadas a Europa desde China, Xapón, os EE.UU, Marrocos, Túnez, Xeorxia, as Filipinas e Cabo Verde desde que comenzou o brote. Nos próximos días están previstos máis de 80 novos voos de repatriación.

No marco do Mecanismo de Protección Civil da Unión, a UE contribúe a sufragar voos de repatriación que transporten a cidadáns de máis de un Estado membro, en base a un principio de solidariedade.

Reserva de emerxencia rescEU

Esta proposta da Comisión Europea incrementará o orzamento total da primeira reserva de emerxencia rescEU de equipos médicos (respiradores, máscaras de protección e suministros médicos esenciais) a 80 millóns EUR.

Contexto

A Comisión presenta un proxecto de orzamento rectificativo. É unha proposta para reorganizar unha parte do gasto da UE para este ano, en consonancia coas últimas prioridades e co fin de asegurar a financiación destas operacións.

O proxecto de orzamento rectificativo prevé tamén:

350 millóns EUR de axuda a Grecia para a xestión da migración, que se engaden aos 350 millóns EUR adicionais de axuda de emerxencia que xa se están utilizando, en liña co compromiso da presidenta Von der Leyen durante a súa visita a dito país.

3,6 millóns EUR para o Centro Europeo para a Prevención e o Control das Enfermidades para aumentar a capacidade de identificar, avaliar e notificar ameazas para a saúde humana procedentes de enfermidades transmisibles e, en particular, aumentar a capacidade en materia de expertos á luz da crise do coronavirus.

100 millóns EUR para axudar á reconstrucción de Albania tras o devastador terremoto do 26 de novembro de 2019, parte do compromiso de 115 millóns EUR da Comisión e do compromiso total de 1 150 millóns EUR.

3,3 millóns EUR de financiamento adicional para a Fiscalía Europea destinados a aumentar ou seu orzamento de 2020. Con lestes fondos, por exemplo, a Fiscalía Europea poderá recrutar con maior rapidez a persoal cualificado e adquirir equipos informáticos para comezar a tramitar os primeiros asuntos. En consecuencia, xunto coa axuda para a xestión de casos xa habilitada a principios deste ano, a Fiscalía Europea ve o seu financiamento total para 2020 incrementada nun 48 %.

Próximos pasos

Pídese agora ao Parlamento Europeo e ao Consello que aproben os cambios orzamentarios o máis rapidamente posible para garantir que o diñeiro poida chegar alí onde as necesidades son máis urxentes.

Máis información

Páxina web da Comisión Europea sobre a resposta ao coronavirus

Proxecto de orzamento rectificativo 1

FonteComisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante