Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

30/03/2020

Entra en vigor a Iniciativa de Investimento en resposta ao Coronavirus

4835F_1585575329_cohesion_policy_2c0a40978-57f4-435f-9a80-eb9d68df8fbd.jpg
  • A Unión Europea vén de adoptar o marco normativo dos actuais fondos de Cohesión para que as administracións poidan empregalos en facer fronte á crise de COVID-19
  • España conta con 7.000 millóns de euros sen executar e con 1.000 millóns de euros extra que poderá utilizar en diferentes ámbitos como a asistencia sanitaria ou a atención a empresas e traballadores. 
Bruxelas, 30 de marzo de 2020. Os ministros responsables da xestión de fondos estruturais mantiveron o venres, 27 de marzo, unha reunión por videoconferencia para avaliar o paquete de medidas que se espera permita mobilizar de maneira áxil os actuais fondos Estrucutrales e de Investimento Europeos para facer fronte á crise do COVID-19. 

Baixo a coordinación da Presidencia croata do Consello, os ministros coincidiron na necesidade de empregar a maior parte dos fondos pendentes de executar no período 14-20 - cunha posibilidade de gasto até 2023- en asistencia sanitaria e en paliar as consecuencias negativas no mercado de traballo e a actividade empresarial. A comisaria de Política de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, lembrou que a lema da política de cohesión é "que ningún europeo quede atrás" e que "nestes momentos, máis que nunca, a solidariedade é esencial". "Esta crise mostra, unha vez máis, a necesidade urxente de concluír un acordo do orzamento a longo prazo 2021-2027, especialmente para apoiar á recuperación da crise causada polo Coronavirus", engadiu a comisaria. 

Iniciativa de Investimento en resposta ao Coronavirus 

A Comisión Europea propuxo o 13 de marzo adaptar o marco normativo dos actuais fondos Estruturais e de Investimento (EIE) para que con eles os Estados membros poidan facer fronte á crise do Coronavirus. Tras a adopción por vía de urxencia por parte do Consello e o Parlamento Europeo, a modificación foi aprobada hoxe por procedemento escrito. 

Os Estados membros poderán investir até 37.000 millóns de euros para facer fronte á crise do coronavirus no marco da política de cohesión. 8.000 millóns proceden estritamente do orzamento comunitario, de anticipos de fondos EIE (FEDER, FSE, FEADER e FEMP) que os Estados membros non puideron executar durante o período 14-20 e a cuxa recuperación a Comisión renuncia. Os 29.000 millóns restantes corresponden á cofinanciación que se debe achegar para a execución de tales fondos. 

En España, isto implica uns 1.161 M €. Coa cofinanciaición correspondente, a Comisión calcula que España podería dedicar 4.145 M€ a loitar contra esta crise, apuntando, ademais, a que aínda dispón de 7.086 millóns sen comprometer no período 14-20 que tamén poderían ser destinados a iso.  España -uno dos países europeos máis afectados pola crise sanitaria- é tamén o que maior importe de fondos ten pendente de devolver á Comisión Europea, seguido de Polonia (1.125), Hungría (855) e Italia (853).  

Para facilitar que estes "novos" recursos e os restantes dos fondos EIE poidan dedicarse a responder a esta crise, o Parlamento e o Consello aprobaron a  modificación do Regulamento de Disposicións Comúns 1303/2013, de modo que:  

Se poidan cubrir os gastos para conter as crises incorridos a partir de l1 de febreiro de 2020. 
  • Os Estados membros poidan adaptar os seus programas operativos con máis facilidade, por exemplo, transferindo fondos entre prioridades. 
  • O FEDER poida financiar o capital circulante das pemes de maneira temporal e como resposta á crise sanitaria, xa sexa mediante subvencións ou mediante instrumentos financeiros 
  • O FEDER invista na I+D+i de produtos e servizos necesarios para mellorar a capacidade de resposta dos sistemas sanitarios a esta crise  
A Comisión Europea anima, pois, a utilizar especialmente o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para infraestrutura sanitarias, saúde dixital, o desenvolvemento de sistemas informáticos para a educación a distancia ou a recuperación económica das pemes. Pola súa banda, o Fondo Social Europeo (FSE) está dispoñible para financiar o equipo de atención médica e o material de protección necesarios para os profesionais sanitarios, a implantación de sistemas de teletrabajo, os esforzos para garantir que todos os cidadáns teñan acceso aos servizos de saúde e a reintegración no mercado laboral de traballadores e autónomos. 

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante