Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

19/03/2020

COVID-19: a Comisión crea unha primeira reserva de emerxencia de equipos médicos de rescEU

4818F_1585056043_Imagen_noticiarescUE.jpg
Bruxelas, 19 de marzo de 2020. A Comisión Europea decidiu hoxe crear unha reserva estratéxica de rescEU constituída por equipos médicos, como respiradores e máscaras de protección, para axudar aos países da UE no contexto da pandemia da COVID-19.

A parte de material médico da reserva incluirá, entre outros:
  • material para coidados médicos intensivos, como respiradores,
  • equipos de protección individual, como máscaras reutilizables,
  • vacinas e medios terapeúticos,
  • suministros de laboratorio.

Como funciona a reserva de rescEU

  • A reserva constituirase nun ou varios Estados membros. O Estado que a acolla será responsable da adquisición dos equipos.
  • A Comisión financiará o 90 % da reserva. O Centro de Coordinación da Resposta a Emerxencias xestionará a distribución dos equipos para garantir que se dirixa alí onde sexa máis necesaria.
  • O orzamento inicial da reserva da UE é de 50 millones EUR, dos cales 40 millóns EUR previa aprobación das autoridades orzamentarias.

Ademáis, no marco do Acordo de adquisición conxunta, os Estados membros están comprando equipos de protección persoal, respiradores e elementos necesarios para realizar probas do coronavirus. Este enfoque coordinado ofrece aos Estados membros unha posición sólida ao negociar coa industria a dispoñibilidade e o prezo dos medicamentos.

Próximas etapas

Unha vez que a medida entre en vigor o vernes 20 de marzo, o Estado membro que queira acoller unha reserva rescEU poderá solicitar unha subvención directa á Comisión Europea. A subvención directa cubre o 90 % do coste da reserva, mentras que o 10 % restante corre a cargo do Estado membro.

Contexto

Como parte do Mecanismo de Protección Civil da UE, rescEU intensifica a cooperación entre os Estados participantes no ámbito da protección civil, con vistas a mellorar a preparación ante as catástrofes e as medidas de resposta. A proposta actualiza a reserva de recursos rescEU do Mecanismo de Protección Civil da UE que xa inclúe avións e helicópteros de extinción de incendios. A través do Mecanismo, a Comisión Europea desempeña un papel fundamental á hora de coordinar a resposta ante as catástrofes en Europa e fora dela.

Cando a magnitude dunha emerxencia supere as capacidades de resposta dun país, este poderá solicitar asistencia a través do Mecanismo.

Ata a data, participan no Mecanismo tódolos Estados membros da UE, así como Islandia, Noruega, Serbia, Macedonia do Norte, Montenegro e Turquía. Dende a súa creación en 2001, o Mecanismo de Protección Civil da UE respondeu a máis de 330 solicitudes de asistencia dentro e fora da UE.

Máis información

Ficha informativa: Mecanismo de Protección Civil da UE

Fonte: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante