Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/03/2020

Os líderes europeos coordínanse para facer fronte á crise do COVID-19

4808F_1584703131__C2A3BD2E-EF70-A445-A433-336327F27797_.jpg
Os membros do Consello Europeo realizaron hoxe un seguimento, por videoconferencia, das accións da UE en resposta ao brote de COVID-19. Reafirmando a necesidade de traballar conxuntamente e facer todo o necesario para facer fronte á crise e as súas consecuencias, os líderes abordaron catro prioridades: como limitar a propagación do virus, a subministración de equipos médicos, a promoción da investigación con vistas a desenvolver unha vacina, como facer fronte ás consecuencias socioeconómicas e como axudar aos cidadáns bloqueados en terceiros países.

Bruxelas, 17 de marzo de 2020. Para limitar a propagación do virus no mundo, os dirixentes acordaron reforzar as fronteiras exteriores aplicando unha restrición temporal coordinada das viaxes non esenciais á UE durante trinta días.

Así mesmo, os dirixentes referendaron as orientacións propostas pola Comisión en relación coa xestión fronteiriza. Despois da reunión, o presidente Michel declarou: «Habemos de garantir a dispoñibilidade de medicamentos, alimentos e bens, e os nosos cidadáns deben poder viaxar aos seus países de residencia».

Proporcionar equipos médicos
Os dirixentes apoiaron o labor da Comisión destinada a:
  • colaborar cos sectores afectados,
  • executar as contratacións públicas iniciadas recentemente e aquelas que estarán listas en breve, con obxecto de ofrecer suficientes equipos de protección,
  • adquirir equipos de protección a través do Mecanismo de Protección Civil.
  • Promover a investigación
Os membros do Consello Europeo destacaron a necesidade de pór en común información e de desenvolver unha vacina e pola a disposición de todas as persoas que a necesiten. Nese sentido, manifestaron o seu apoio ás empresas europeas.

Facer fronte ás consecuencias socioeconómicas
Os dirixentes referendaron a declaración do Eurogrupo do 16 de marzo e convidaron ao Eurogrupo a que faga un seguimento constante e atento da evolución económica e financeira e a que adapte sen demora unha resposta de actuación coordinada á situación rapidamente cambiante.

Así mesmo, expresaron o seu apoio ás diversas iniciativas adoptadas pola Comisión en relación co mercado único (como a adaptación das normas sobre axudas de Estado), a utilización dos mecanismos de flexibilidade previstos no Pacto de Estabilidade e Crecemento e o recurso ao orzamento da UE.

Axudar aos cidadáns bloqueados en terceiros países
Os dirixentes comprométense a que as súas embaixadas se coordinen entre elas e coas delegacións da UE en terceiros países. «Organizaremos conxuntamente a repatriación dos cidadáns da UE, sempre que sexa necesario e posible, e faremos uso do Mecanismo de Protección Civil da Unión», declarou o presidente Michel.

Próximas reunións
Os dirixentes decidiron aprazar o Consello Europeo ordinario previsto para os días 26 e 27 de marzo. Acordaron celebrar outra videoconferencia a próxima semana.

Antecedentes
Esta é a segunda reunión deste tipo. O 10 de marzo, os membros do Consello Europeo debateron, por videoconferencia, sobre como coordinar as medidas da UE. Recalcaron que é necesario adoptar un enfoque europeo común e establecer unha estreita coordinación coa Comisión Europea. Acordaron que os ministros de Sanidade e de Interior deben consultarse a diario co fin de garantir unha coordinación e unha dirección adecuadas das orientacións europeas comúns.

Reunión dos membros do Consello Europeo, 10.3.2020
Brote de COVID-19 por coronavirus (información de referencia)

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante