Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/10/2005

PRIORIDADES PARA UN TURISMO EUROPEO SOSTIBLE

O comisario europeo de Empresa e Industria, Günter Verheugen, presentou con ocasión do 4° Foro de Turismo Europeo celebrado en Malta os pasados días 19-22 de outubro as orientacións que a Comisión Europea ten previsto adoptar coa finalidade de desenvolve-lo sector do turismo na Unión Europea.

Estas orientación enmárcanse na perspectiva da Estratexia de Lisboa revisada e nas súas dúas principais prioridades: o crecemento e o emprego. O feito de que o turismo sexa un dos sectores económicos europeos de maior e máis rápida expansión outórganlle un papel fundamental nos esforzos por fomenta-lo crecemento e o emprego e a promoción do desenvolvemento rexional.

A pesar de que a Comunidade carece de competencia neste eido, a Comisión estima necesaria unha política coherente a nivel europeo que sexa levada a cabo polos Estados membros e os axentes do sector. Para pór esta nova política en práctica, proporá diversas medidas tendentes a favorece-las asociacións e a realizar un uso adecuado dos recursos. En particular a Comisión prevé tres tipos de accións:

 Unha mellor regulación e unha política coordinada: a Comisión revisará a- normativa existente (como o réxime de IVE especial para as axencias de viaxes) a fin de simplificar e moderniza-lo marco xurídico e non proporá nova normativa a non ser que sexa absolutamente necesario. Ademais, invitará ós Estados membros a pór en marcha unha acción coordinada dirixida a reduci-las cargas burocráticas.

A Comisión Europea tamén velará porque se respecten os intereses do sector turístico nas políticas susceptibles de ter un impacto sobre o mesmo, como é o caso da política de seguridade (para facer fronte á ameaza terrorista), de innovación, de consumo ou a nova política marítima.

 Un mellor aproveitamento dos instrumentos financeiros existentes: a- Comisión Europea non vai propor un novo instrumento financeiro específico para ó sector, pero tratará de continuar axudándolle por medio dos instrumentos xa existentes e, en especial, mediante a política de cohesión e os Fondos Estructurais.

 O desenvolvemento de accións específicas: o “Grupo de Turismo Sostible”- preparará para 2007 unha “Axenda 21” para o turismo europeo a fin de asegurar unha adecuada integración das políticas e instrumentos comunitarios no obxectivo da sostenibilidade.

Ademais, a Comisión ten previsto crear a principios de 2006 un portal de Internet a fin de promove-los destinos turísticos europeos, permitindo o acceso a tódalas organizacións nacionais de turismo.

Tamén estudiarse a creación dun premio á excelencia para ós destinos europeos que respondan a unha serie de criterios. O premio recompensará ós destinos seleccionados polos Estados membros como bos exemplos.

Por último, explorará o medio de promove-las novas formas de turismo, tales como o turismo da terceira idade, dos xoves ou das persoas con mobilidade reducida.

A Comisión Europea ten previsto presentar formalmente nos vindeiros meses, en forma de comunicación ó Consello e ó Parlamento Europeo, as liñas directrices adiantadas no Foro. Por este motivo, invita ós axentes interesados que dean a súa opinión sobre as citadas orientacións.

 

 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante