Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/05/2020

Destínanse 117 millóns de euros para desenvolver tratamentos e diagnósticos para a COVID-19

4942F_1589388027_IMI-117_millo__ns.jpg
  • Oito proxectos de investigación a gran escala veñen de ser seleccionados nunha convocatoria rápida de respostas posta en marcha en marzo pola Iniciativa sobre Medicamentos Innovadores (IMI), unha asociación público privada. 
  • Co obxectivo de financiar un maior número de propostas, a Comisión Europea incrementou o seu compromiso ata acadar 72 millóns de euros (sendo 45 millóns os previstos inicialmente) con cargo a Horizonte 2020. A industria farmacéutica, asociados da IMI e outras organizacións implicadas nos proxectos aportarán 45 millóns de euros adicionais, o que eleva o investimento total a 117 millóns de euros. 

Bruxelas, 13 de maio de 2020- Os proxectos seleccionados forman parte da resposta europea común ó brote de COVID-19. O 4 de maio, durante a iniciativa de doazóns organizada no marco da resposta mundial á crise sanitaria, a Comisión Europea comprometeu 1 400 millóns de euros, dos cales 1 000 millóns de euros serán aportados a través de Horizonte 2020 e estarán destinados a desenvolver vacinas, novos tratamentos e ferramentas de diagnóstico para prever a difusión do virus. Ademais, dende xaneiro de 2020, a Comisión mobilizou un total de 352 millóns de euros no marco de Horizonte 2020. Entre este figuran, por exemplo, 48,2 millóns de euros concedidos a 18 proxectos de investigación que xa comezaron a traballar na preparación e a resposta ante brotes, probas de diagnóstico rápidas nos centros de atención sanitaria, novos tratamentos e vacinas. 

Dos oito proxectos financiados en relación coa IMI, cinco están centrados no diagnóstico e tres, no tratamento. Os dedicados ás ferramentas de diagnóstico teñen por obxectivo desenvolver produtos que poidan empregarse en calquera lugar, como en clínicas sanitarias ou nos fogares dos pacientes, e que ofrezan resultados rápidos, entre 14 e 40minutos. Os demais, centrados no desenvolvemento tratamentos, traballarán principalmente na pandemia en curso, aínda que tamén inclúen esforzos importantes de preparación para futuros brotes. Dos oito proxectos, catro contan con participación española.

En total, estes proxectos contan coa participación de 94 entidades, como universidades, institutos de investigación, empresas e organizacións públicas. Tamén hai unha forte participación de pemes, que supoñen máis do 20% dos participantes e recibirán o 17% do orzamento. 

A lista de proxectos seleccionados para recibir financiamento, á espera de que concerten os acordos de subvención coa IMI, pode consultarse aquí


Máis información 

A Iniciativa sobre Medicamentos Innovadores (IMI) é unha asociación público-privada entre a Comisión europea e a industria farmacéutica, representada pola Federación Europea de Asociacións da Industria Farmacéutica (EFPIA).O seu obxectivo é mellorar a saúde acelerando o desenvolvemento de medicamentos innovadores e o acceso do paciente a eles, especialmente en ámbitos onde existe unha necesidade médica ou social non satisfeita. 


Fonte: Comisión Europea

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante