Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

05/05/2020

O Acelerador do EIC aumenta o seu orzamento para financiar ideas innovadoras que combatan a COVID-19

4921F_1588685834_EIC_noticia.jpg
A Comisión Europea vén de anunciar que amplía en 150 millóns de euros a convocatoria pechada a mediados de marzo do piloto do Acelerador do EIC para apoiar a start-up e pemes no desenvolvemento de solucións innovadoras no contexto da actual crise sanitaria. Este orzamento adicional súmase ós 164 millóns de euros xa dispoñibles na convocatoria. 

Bruxelas, 5 de maio de 2020- O piloto do Acelerador do Consello Europeo de Innovación (EIC, polas súas siglas en inglés) disporá de 150 millóns de euros adicionais para apoiar innovacións que fagan fronte á crise da COVID-19. Este orzamento financiará ás mellores start-up e pemes que presentaron a súa solicitude durante a convocatoria de marzo. 

Este orzamento súmase ós 164 millóns de euros xa anunciados o 25 de marzo, empregados para apoiar outras innovacións. Preto de 4 000 empresas presentaron a súa candidatura, das cales máis de 1 000 se correspondían con innovacións relevantes para o brote de COVID-19. 

 A Comisión Europea tamén concederá Selos de Excelencia, que permitirán que determinadas empresas poidan ser apoiadas por outras fontes de financiamento ó non poder ser financiadas con este orzamento adicional do EIC. As empresas seleccionadas para recibir o apoio do EIC serán anunciadas a finais de maio. 



Fonte: Comisión Europea

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante