Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/03/2020

A Comisión aproba un apoio adicional a través de Horizonte 2020 para reforzar as prioridades, incluída a investigación sobre o coronavirus

4828F_1585239728_Imagen_h2020.jpg
Bruxelas, 26 de marzo de 2020. A Comisión presentou onte os próximos cambios no programa de traballo do programa marco Horizonte 2020 para facer fronte á nova emerxencia sanitaria pola que atravesa Europa.

Este mes, publicouse unha convocatoria de emerxencia para a investigación sobre o COVID-19 (en desenvolvemento de vacunas, tratamento, diagnose e mellora dos sistemas sanitarios) cun orzamento de 47,5 millóns de euros.

A actualización do programa de traballo para 2020 tamén dedicará máis de 350 millóns de euros no marco do programa piloto do EIC para as PEMES con innovacións revolucionarias que abordan un ou varios obxectivos do Pacto Verde. As PEMES poden solicitar unha financiación en forma de subvencións de ata 2,5 millones de euros cada unha e unha inversión de capital adicional (equity investment) de ata 15 millóns de euros.

Por último, a actualización tamén impulsa a iniciativa das Universidades Europeas. A Comisión xa lanzou dúas convocatorias piloto no marco dos programas de traballo Erasmus+ de 2019 y 2020, apoiando as alianzas das institucións de enseñanza superior. A axuda total de 103 millones de euros de Horizonte 2020 debería facilitar as sinerxías entre os futuros programas Horizonte Europa e Erasmus+.

Fonte: Comisión Europea

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante