Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

28/11/2019

O Comité Europeo das Rexións lanza a edición de 2021 do Premio da Rexión Empresarial Europea (EER)

Aberta a convocatoria do Premio da Rexión Empresarial Europea (EER). Fonte: © European Union 2019 (CoR).png
  • O prazo de convocatoria estará aberto ata o 31 de marzo de 2020.
  • Por primeira vez na historia do galardón, a edición terá unha temática xeral: o espírito empresarial para un futuro verde e sustentable.
Bruxelas, 28 de novembro de 2019. O Comité Europeo das Rexións (CdR) lanzou a edición de 2021 do Premio da Rexión Empresarial Europea (EER nas súas siglas en inglés). Neste certame convídase a participar ás rexións e cidades europeas que estean dispostas a aplicar unha estratexia empresarial orientada ao futuro, a través da presentación unha candidatura propia e orixinal. O prazo de solicitude estará aberto ata o próximo 31 de marzo de 2020 e a proposta deberá enviarse por correo electrónico á dirección: eer-cdr@cor.europa.eu.

O tema principal da campaña do Premio da Rexión Empresarial Europea 2021 é o espírito empresarial para un futuro verde e sustentable.

Que é o EER?
  • Unha etiqueta concedida cada ano polo Comité Europeo das Rexións a un máximo de tres cidades ou rexións europeas con estratexias destacadas e orientadas ao futuro para apoiar ás pemes, ás empresas de nova creación e ás compañías que amplían as súas actividades comerciais.
  • Unha rede crecente de territorios pioneiros que reforzan activamente os seus ecosistemas empresariais, intercambian boas prácticas e asócianse para proxectos europeos.
Que hai de novo no Premio EER 2021?
  • A convocatoria de candidaturas para o Premio EER 2021 vai acompañada por primeira vez dun tema principal, seleccionado en función da súa relación coa axenda política da UE e a súa relevancia para os niveis rexional e local.
  • O xurado do premio poderá conceder unha etiqueta temática da ERR vinculada ao tema principal, ademais das etiquetas normais da EER (en total non máis de tres etiquetas anuais da EER).
Quen pode presentar a solicitude?
Convídase a participar a todos os territorios da UE por baixo do nivel do Estado membro, dotados de competencias a nivel político e capaces de aplicar unha estratexia empresarial global. Inclúense aquí as rexións no sentido máis amplo, as cidades, as AECT e as eurorrexións.

Por que debería solicitalo?
O EER da recoñecemento e visibilidade á súa estratexia empresarial e aos seus proxectos concretos. Axúdalle a chegar ás partes interesadas do seu ecosistema empresarial e a dar un impulso á maduración do ecosistema. Proporciónalle acceso a unha rede de socios potenciais para iniciativas de cooperación.

Pode clicar aquí para ver un folleto explicativo con información básica sobre o EER. Para máis información, incluído o formulario de solicitude do premio, os interesados poden consultar o sitio web do EER.

Contexto
A Rexión Empresarial Europea (EER na súa voz inglesa) é un proxecto que identifica e recompensa ás rexións da UE que mostran unha estratexia de política empresarial destacada e innovadora, independentemente do seu tamaño, riqueza e competencias. Ás rexións co plan de visión máis crible, progresista e prometedor concédeselles a etiqueta ”Rexión Empresarial Europea” (EER) para un ano específico.

A etiqueta EER foi creada en colaboración coa Comisión Europea e conta co apoio das partes interesadas a nivel da UE, como SME UnitedEurochambres e Social Economy Europe. A iniciativa segue aberta a calquera organización que desexe contribuír aos seus obxectivos.

O Premio EER en 2020 concedeuse ás seguintes rexións: Rexión de Gdansk & Pomorskie (Polonia), Rexión Empresarial de Gotemburgo (Suecia) e Rexión de Navarra (España).


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante