Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

22/03/2007

Semana do Emprego 2007

O próximo 5 e 6 de xuño terá lugar en Bruxelas a 14 edición da Semana do Emprego, un foro destinado a profesionais do emprego que ofrece a oportunidade de establecer contactos e intercambiar ideas. Dous días de conferencias e seminarios onde os responsables europeos poderán discutir sobre as últimas tendencias e políticas en emprego europeo.

 Trataranse, especialmente, os seguintes temas:

  • Diversidade: ¿oportunidades para todos, ou só para uns poucos?
  • Flexibilidade:¿existe realmente un equilibrio entre os intereses do empregado e do empregador?
  • Creación de traballo en Europa: ¿onde se están a crear novos traballos?¿por que nalgúns países o emprego medra moito máis que noutros?

 Nesta plataforma poden participar:

  • Organizacións e axencias da UE
  • Ministerios de traballo
  • Representantes de gobernos nacionais, rexionais e locais involucrados en iniciativas sobre emprego
  • Centros de formación e ensino
  • Empregadores
  • Sindicatos
  • Centros de investigación
  • Empresarios
  • Axencias de desenvolvemento económico
  • ONG e asociacións
  • Patrocinadores do proxecto
  • Xornalistas

O foro ofrece a posibilidade de personalizar a visita elixindo entre unha gran cantidade de actividades. O idioma da maioría de actividades é o inglés, pero as sesións principais e plenarias serán interpretadas en francés e alemán. Os prezos oscilan entre os 950 euros das entradas con acceso a todas as seccións, ata os 95 euros por visitar unicamente a zona de expositores. A organización ofrece importantes descontos para aqueles que adquiran o seu pase antes do 26 de marzo.

 Máis información en:

www.employmentweek.com

 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante