Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

29/01/2007

PRIORIDADES DA PRESIDENCIA ALEMANA

REUNIÓNS DO CONSELLO DE MINISTROS:

- 18-20.de xaneiro de 2007, reunión informal dos ministros de emprego e asuntos sociais, Berlín.
- 22 de febreiro de 2007, Consello de ministros de emprego, asuntos sociais, saúde e consumidores, Bruxelas.
- 15-16 de maio de 2007, reunión informal dos ministros de igualdade de xénero e familia, Bad Pyrmont (Alemaña).
- 30-31 de maio de 2007, Consello de ministros de emprego, asuntos sociais, saúde e consumidores, Bruxelas.


OBXECTIVOS:

No eido do emprego e asuntos sociais, a Presidencia alemana outorga prioridade ás seguintes áreas:

Desenvolvemento do modelo social europeo
- Promoción dunha maior visibilidade da dimensión social europea
- É un obxectivo da Presidencia que nas propostas de lexislación europea sexa tido en conta o seu impacto social.

Traballo de calidade
 Equilibrio entre a flexibilidade requirida polo
-
mercado laboral e a necesaria protección social  (“flexiseguridade”).
 Apoio
-
á aprendizaxe permanente.
 A Presidencia alemana seguirá a traballar na
- estratexia de saúde e seguridade no lugar de traballo.

Igualdade de oportunidades
 A Presidencia apoiará o proxecto para pór en
-
marcha o Instituto Europeo da Igualdade.
 En canto á posta en práctica da
- Estratexia  Europea para o Emprego, a Presidencia centrarase na igualdade de oportunidades no emprego para os grupos de poboación máis desfavorecidos. Alemaña promoverá o intercambio de experiencias entre os Estados membros no eido da igualdade de oportunidades no mercado laboral.

Os desafíos e oportunidades do cambio demográfico
 Alemaña continuará o
-
debate a nivel europeo do potencial económico das persoas maiores.
 A
-
integración dos mozos europeos no mercado laboral é unha prioridade para a Presidencia alemana, para o que apoiará a implementación do Pacto Europeo para a Mocidade.
 Nun contexto de declive da taxa de natalidade en Europa, a
- Presidencia apoiará o intercambio de experiencias a nivel europeo das políticas de apoio á familia e ten como obxectivo adoptar unha Alianza Europea para as Familias.

 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante