Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/02/2020

Dereitos da muller: o Parlamento Europeo pide loitar ante o retroceso en igualdade de xénero

O Parlamento Europeo reivindicou hoxe no seu pleno que a UE loite contra calquera intento de socavación dos dereitos das mulleres. Fonte. © European Union 2020.jpg
  • Os eurodeputados fixan as súas prioridades ante o próximo cumio da ONU sobre a muller.
  • A Unión Europea debe responder con firmeza a calquera medida que socave os dereitos da muller.
Bruxelas, 13 de febreiro de 2020. Ante o próximo encontro da Comisión da ONU sobre o estatus das mulleres (UNCSW64), en Nova York o próximo marzo, o Parlamento Europeo deixou constancia hoxe das súas prioridades. Nunha resolución adoptada por 463 votos a favor, 108 en contra e 50 abstencións, os eurodeputados deploran que moitos dos desafíos identificados na Declaración e a Plataforma de Acción de Beijing hai 25 anos continúan de plena actualidade.

Os eurodeputados piden ao Consello que garanta unha posición unificada da UE e que actúe para contrarrestar a  involución en igualdade de xénero e todas as medidas que socavan os dereitos, a autonomía e a emancipación das mulleres en todos os ámbitos.

A Eurocámara reclama medidas para impulsar o empoderamento das mulleres na escena política e no plano económico, entre elas:
  • Maior participación das mulleres no mercado laboral.
  • Maior apoio á iniciativa empresarial feminina.
  • Pechar a brecha salarial entre xéneros (16%) e a brecha en pensións (37%).
  • Favorecer a repartición equitativa entre xéneros das tarefas domésticas e de coidado.
  • Potenciar a educación das nenas e fomentar a súa maior participación nas carreiras de ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas (STEM).
  • Promover o equilibrio de xénero en todos os niveis de toma de decisións.
  • Desbloquear a proposta de directiva europea sobre mulleres nos consellos de administración, por parte do Consello da UE.
Así mesmo para garantir a protección das mulleres, a Unión Europea debe, segundo o Parlamento:
  • Completar a ratificación da Convención de Istambul contra a violencia contra as mulleres.
  • Dedicar os recursos necesarios para combater a violencia de xénero e protexer ás vítimas.
  • Asegurar os dereitos dos grupos que experimentan formas múltiples e  intersectoriales de discriminación, como as mulleres con discapacidade, as mulleres de cor, as mulleres migrantes e as persoas LGBTIQ.
Os eurodeputados tamén instan á UE para incluír en todas as futuras negociacións sobre acordos comerciais e de investimento un capítulo específico sobre igualdade de xénero; así como condenar a decisión de EEUU de cortar o financiamento a organizacións internacionais se proporcionan ou defenden o aborto; apoiar con fondos a promoción dos dereitos sexuais e reprodutivos e promover a maior participación da muller na loita contra o quecemento global e nos procesos de paz.

Antecedentes
A Declaración de Beijing foi adoptada pola ONU ao final da 4ª Conferencia Mundial sobre a Muller, o 15 de setembro de 1995, para promulgar un conxunto de principios sobre a igualdade entre homes e mulleres. A Plataforma de Acción pedía accións estratéxicas en áreas como a economía, a educación, a saúde, a violencia e a toma de decisións.

Próximos eventos no Parlamento Europeo
Os xornalistas están convidados a un seminario o 4 de marzo en Bruxelas dedicado ao 25º aniversario da Declaración de Beijing. Ao día seguinte, a comisión parlamentaria de Dereitos da Muller e Igualdade de Xénero organiza un encontro con deputados nacionais sobre o 25º aniversario da Declaración de Beijing. Ademais, unha delegación de eurodeputados desta comisión tamén asistirá á UNCSW64 en Nova York, do 16 ao 18 de marzo.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante