Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/06/2019

A UE abre unha convocatoria para o financiamento de proxectos en materia de coidados de longa duración

EaSI_Pillars_Fuente Comision Europea.jpg
  • A Comisión Europea publicou unha convocatoria para seleccionar proxectos no ámbito dos coidados de longa duración (LTC), financiados polo Programa Europeo de Emprego e Innovación Social (EaSI), cun presuposto de 10 millóns de Euros.
  • A convocatoria de financiamento está dirixida ao desenvolvemento de proxectos que axuden ás persoas con discapacidades físicas ou psíquicas e que requiran de coidados a domicilio ou servizos comunitarios.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2019. O 17 de novembro de 2017 a Comisión Europea estableceu unha serie de principios e dereitos clave para mellorar as condicións de vida e traballo dos cidadáns europeos, o Pilar Europeo de Dereitos Sociais (o Pilar). Estes 20 principios son unha responsabilidade conxunta das institucións da Unión, os estados membros, interlocutores sociais e outros grupos de interese.


Que son os servizos de longa duración?

O principio número 18 do Pilar establece o dereito a toda persoa ao acceso a servizos de longa duración (LTC) asumibles e de boa calidade, en particular a atención domiciliaria e servizos sociais. A Comisión entende coma  LTCs todos os servizos de asistencia, profesionais e informais, necesarios para as persoas con algún grao de discapacidade intelectual ou física manteña a mellor calidade de vida posible. Estes servizos poden ser calquera dos que dependen para a súa actividade diaria ou a asistencia médica diaria necesaria, tanto no fogar coma os servizos sociais.

Quen pode solicitar financiamento a través desta convocatoria?

  • Autoridades públicas ou axencias con responsabilidade na implantación da acción con permiso das autoridades públicas.
  • ONG.
  • Centros de investigación, institutos ou centros de educación superior.
  • Organizacións da sociedade civil.
  • Organizacións de interlocutores socias a nivel europeo, nacional ou rexional.

Que obxectivos ten a convocatoria?

A convocatoria está dirixida a proxectos no ámbito dos coidados de longa duración. Estas accións deben:
  • Desenvolver e promover novos enfoques na prestación  de coidados en materia de acceso, asequibilidade, man de obra, calidade e sustentabilidade. 
  • Desenvolver modelos de colaboración cos axentes interesados coa fin de facilitar a implementación da innovación socias nos devanditos coidados.
  • Incorporar a innovación na planificación ou supervisión das políticas en LTCs.

A que financiamento ten acceso?

O montante total da convocatoria é de 10.000.000 euros, e está asociada co eixo de Microfinanciamento e emprendemento social. O teito de financiamento para proxectos é ata un 80% das custas imputables aos proxectos, que deberanse desenvolver en 24-36 meses.

Neste enlace pode atopar o resumo da convocatoria.

Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante