Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/03/2017

Os tres máximos representantes da UE debaten sobre o futuro social de Europa

Juncker, Tusk y el Primer Ministro de Malta, Muscat, en la Cumbre Social Tripartita. © Unión Europea
  • Juncker, Tusk e o Primeiro Ministro de Malta participaron nunha reunión conxunta para establecer as directrices dos próximos meses
  • Os múltiples desafíos aos que se enfronta Europa na actualidade obrigan a continuar con reformas socialmente integradoras no mercado laboral

 

Bruxelas, 9 de marzo de 2017. O Cumio Social de Primavera reuniuse onte en Bruxelas, baixo o título ”O futuro de Europa: trazando o rumbo cara ao crecemento, o emprego e a equidade”. Os participantes no Cumio Social Tripartito, formada polos presidentes da Comisión, do Consello Europeo e do Consello da UE (na actualidade Malta) expresaron, en particular, os seus puntos de vista sobre como facer que o traballo sexa unha forma de promover o emprego e a inclusión social, así como as súas valoracións sobre novas formas de traballo e o futuro da industria.

No seu discurso de apertura, o Presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, dixo que ”o 60º aniversario do Tratado de Roma será un momento de reflexión e unidade, pero tamén un momento para fixar a dirección da UE para a década. Desde hai 60 anos, as empresas, os empresarios e os traballadores desempeñaron un papel central na posta en práctica dos principios teóricos do Tratado. Liberdades para os cidadáns comúns, ese é o logro que hoxe necesita ser defendido, protexido e profundado”.

O Presidente da Comisión Europea, Jean-Claude Juncker, subliñou: ”é hora de que unha Europa unida de 27 forme unha visión para o seu futuro. Lanzamos o debate a semana pasada cun Libro Branco da Comisión e pronto presentaremos ideas máis detalladas para reforzar a dimensión social en Europa, que se unirá á nosa proposta final dun Alicerce Europeo dos Dereitos Sociais e que os interlocutores sociais, a todos os niveis, teñan unha voz sustentable neste debate”.

Pola súa banda, desde o lado da presidencia rotativa, o Primeiro Ministro de Malta, Joseph Muscat, afirmou que o desemprego se pode combater con decisións audaces, como a redución de impostos, o aumento do investimento, a eliminación dos obstáculos burocráticos ou a introdución de medidas para facer máis competitiva a industria, algo que debe vir acompañado de diálogo social.

Na reunión tamén participaron membros da patronal e sindicatos. Para o secretario xeral da Confederación Europea de Sindicatos (CES), Luca Visentini, ”os sindicatos estamos a exhortar á Unión Europea a redobrar os seus esforzos para aumentar os investimentos e crear empregos de calidade, porque os traballadores necesitan sentir a recuperación”. Os sindicatos e as empresas coinciden na necesidade dunha política industrial seria para Europa, polo que presentaron aos presidentes Juncker e Tusk un acordo que os interlocutores sociais aplicarán sobre o envellecemento activo para garantir unha contorna de traballo de calidade ata a idade legal de xubilación .

As conclusións do cumio pasaron por afirmar que os europeos se enfrontan a retos sen precedentes: na contorna internacional, nas próximas negociacións de Brexit, en materia de emprego, seguridade, migración, etc. Responder a estes desafíos esixe de unidade e de reformas no mercado de traballo, coas que se atopan especialmente involucrados os tres máximos representantes da UE.

Fonte: Consello da UE


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante