Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/10/2016

Participa na consulta pública sobre o Pilar Europeo de Dereitos Sociais proposto pola Comisión Europea

3872F_1476720894_160308ec3-detail.jpg

  • A idea principal do texto céntrase na identificación dun número de principios esenciais e comúns para todos os Estados membro do euro, facendo fincapé tantos nas necesidades destes como nos seus desafíos, maiormente nos campos do emprego e das políticas sociais.

Bruxelas, 17 de outubro de 2017 - Dende a redacción do primeiro esbozo en marzo deste ano, a Comisión vén participando nun debate continuo con autoridades da UE, axentes sociais, membros da sociedade civil e cidadáns sobre o contido e función deste pilar co obxectivo de avanzar cara unha Unión Económica e Monetaria máis xusta. O resultado deste debate tería como cometido facilitar a redacción final do Pilar Europeo de Dereitos Sociais

Unha vez establecido, o pilar converteríase no marco de referencia para analizar o rendemento social e o emprego dos estados participantes, conducir reformas a nivel nacional e, máis especificamente, para marcar o ritmo no proceso de converxencia dentro da área do euro. Pódese participar na consulta pública aquí.

O Comité das Rexións únese ao debate

O CdR foi a última insitución en pronunciarse con respecto ao pilar e a semana pasada elaborou un ditame co fin de colaborar na consulta pública lanzada pola Comisión Europea.

No ditamen redactado polo Alcalde de Altenkirchen Heinz-Joachim Höfer pídese a Comisión Europea que apoie aos Estados membros nos seus esforzos por modernizar os sistemas de protección social dentro do marco do Semestre Europeo. O ditamen tamén solicita á Comisión que propoña unha capacidade fiscal para a eurozona, aberta a todos os Estados membros, o cal tamén podería facilitar unha posible coordinación europea de políticas anticíclicas.

O seu informe tamén insta á Comisión a abordar os desafíos que acompañan o mundo cambiante do emprego, a definir correctamente a flexibilidade no marco laboral, e a alcanzar un equilibrio entre flexibilidade e seguridade. Höfer proporcionou un exemplo da súa cidade: ”En Altenkirchen, estamos ofrecendo a educadores infantís a posibilidade de traballar a tempo parcial. Moitos traballadores neste sector son pais e nais de nenos pequenos, polo que entendemos que este arranxo convenlles particularmente ben e permítelles regresar á semana laboral de 40 horas cando eles o consideren oportuno.”

Ademais, o ditamen destaca a necesidade dunha cooperación máis próxima entre os distintos niveis de goberno, sectores e demais partes interesadas fortalecendo a función dos axentes sociais e presentando un instrumento eficiente para o diálogo civil. Tamén insta a asegurar un mínimo de oportunidades económicas, sociais e educativas para as persoas novas, como por exemplo estender os beneficios da Garantía Xuvenil para cubrir a persoas novas até a idade de 30.

Fonte: Comisión Europea // Comité das Rexións


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante