Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/02/2010

Posibilidade de participación no Foro Europeo do Emprego

Bruxelas, 11 de febreiro de 2010. Os días 24 e 25 de novembro de 2010 terá lugar en Bruxelas o Foro Europeo do Emprego, que este ano centrarase especialmente nas consecuencias económicas e sociais derivadas do aumento do paro. Neste marco, tanto directivos de empresa como representantes dos ministerios de Traballo de toda Europa discutirán sobre as medidas necesarias para facerlle fronte á constante destrución de postos de traballo. A cita organízase en colaboración coa Dirección Xeral de Emprego, Asuntos Sociais e Igualdade de Oportunidades da Comisión Europea.

Entre os temas que se abordarán cabe destacar os referidos á creación de emprego e aos novos retos aos que se deben enfrontar os gobernos no referente á competitividade e á creación de oportunidades laborais, sobre todo para os mozos. Ademais, trataranse tamén asuntos como o desenvolvemento de competencias e a aprendizaxe para toda a vida. Finalmente, dada a situación económica na que se atopa a UE, discutirase sobre as posibles solucións para reverter esta situación, e tamén acerca das medidas para permitir a boa adaptación da sociedade ao cambio económico.

No que respecta a Galicia, este é un marco inmellorable para debater o futuro do seu mercado de traballo, xa que este foro de discusión dá unha especial importancia ao rexional e ao local, por ser nesta escala da administración onde máis claramente se aprecian os cambios nas políticas laborais e económicas. Ademais, as pequenas empresas de ámbito rexional e local xogan aquí un importante papel porque sofren con máis dureza as incidencias da crise económica. Por esta razón, moitos dos temas que se discutirán están encamiñados a buscar ideas creativas que permitan a estas empresas facerse máis fortes fronte á crise.

Para participar é necesario encher este formulario online, cunha redución do 10% do prezo para as solicitudes anteriores ao 30 de xuño.


Para máis información, visite a súa web


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante