Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...
08/06/2017
Bruxelas, 8 de xuño de 2017. A Comisión abriu onte un debate sobre a dirección que tomará a defensa nunha futura Europa dos Vintesete. Tras o Libro Branco da Comisión sobre o futuro de Europa, o documento de reflexión presentado esboza os diferentes escenarios posibles sobre como abordar as crecentes ameazas á seguridade e a defensa a que se enfronta Europa e mellorar as capacidades de defensa propias de aquí a 2025. O debate supoñerá unha importante contribución para decidir como fortalecerá a Unión a protección e a seguridade dos cidadáns europeos, unha das principais prioridades da Comisión Juncker. O documento de reflexión compleméntase con propostas concretas para poñer en marcha un Fondo Europeo de Defensa que apoiará un gasto máis eficaz por parte dos Estados membros en capacidades de defensa conxuntas.
Para a alta representante e vicepresidenta, Federica Mogherini, “a Unión Europea pode axudar aos Estados membros a desenvolver capacidades militares e a investir de maneira máis eficaz en defensa. Percorremos un longo camiño en menos dun ano e estamos decididos a continuar a este ritmo”. Pola súa banda, Jyrki Katainen, vicepresidente responsable de Fomento do Emprego, Crecemento, Investimento e Competitividade, engadiu que “no mundo actual, unha OTAN e unha Unión Europea fortes son máis importantes que nunca. Sen duplicar o que xa existe, Europa necesita tomar o control sobre a súa seguridade e o seu defensa se quere converterse nun socio máis forte para os seus aliados”.
Os líderes da Unión reuniranse en
Praga o 9 de xuño para discutir como utilizar o potencial dos Tratados para
intensificar a cooperación no ámbito da defensa. A Comisión está a contribuír a
esa discusión e ao debate máis amplo, a escala da Unión, sobre defensa,
establecendo tres posibles escenarios para o futuro da defensa europea:
Os escenarios descritos non son
mutuamente excluíntes, pero ilustran tres niveis de ambición diferentes en
termos de solidariedade. Aumentar a seguridade europea resulta hoxe en día
indispensable segundo o punto de visto exposto pola Comisión. En calquera caso,
os Estados membros levarán as rendas, definindo o nivel de ambición co apoio
das institucións da Unión.
Antecedentes
Desde que comezou o seu mandato, a Comisión Juncker considerou unha prioridade conseguir unha Europa máis forte en canto a defensa e seguridade. Nas súas orientacións políticas de xuño de 2014, o presidente da Comisión, Jean-Claude Juncker, declarou o seguinte: “Estou convencido, tamén, de que debemos traballar por unha Europa máis forte en materia de seguridade e defensa. Certo, Europa é esencialmente unha ”potencia suave”. Pero nin as máis sólidas desas potencias poden funcionar a longo prazo sen algunhas capacidades de defensa integradas”.
A Unión dispón xa de instrumentos para abandonar o actual patrón de cooperación militar bilateral e multilateral e pasar a formas máis eficaces de integración da defensa. O artigo 42, apartado 6, do Tratado da Unión Europea (TUE) establece a posibilidade de que un grupo de Estados membros con ideas afíns leven a defensa europea ao seguinte nivel. No seu discurso sobre o estado da Unión de 2016, o presidente Juncker sinalou: “creo que chegou o momento de facer uso desta posibilidade”.
A Comisión puxo onte tamén en marcha o Fondo Europeo de Defensa, anunciado polo presidente Juncker en setembro de 2016 e que conseguiu o respaldo do Consello Europeo en decembro de 2016. O Fondo servirá para coordinar, complementar e ampliar os investimentos nacionais en investigación no ámbito da defensa, no desenvolvemento de prototipos e na adquisición de tecnoloxía e equipos de defensa.
Os dirixentes da Unión que adoptaron a Declaración de Roma o 25 de marzo de 2017 comprometéronse a traballar por unha Europa dos Vintesete que axudase a crear unha industria de defensa máis competitiva e integrada, e que reforzase o seu defensa e seguridade comúns en cooperación e complementariedade coa OTAN.
O Libro Branco sobre o Futuro de
Europa, presentado o 1 de marzo de 2017, establece os retos e oportunidades
máis importantes para Europa durante a próxima década. O Libro Branco marcou o
comezo dun proceso no que a EU-27 debe decidir sobre o futuro da súa Unión. Co
fin de fomentar este debate, a Comisión, xunto co Parlamento Europeo e os
Estados membros interesados, organizará unha serie de debates sobre o futuro de
Europa nas cidades e rexións europeas. O Libro Branco compleméntase cunha serie
de documentos de reflexión sobre: