Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/02/2017

Principais resultados da reunión do Consello de Asuntos Exteriores do 6 de febreiro

Federica Mogherini en declaraciones antes de entrar ao Consello. © Unión Europea

Bruxelas, 7 de febreiro 2017. Os ministros de Asuntos Exteriores de todos os Estados membros, presididos pola Alta representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade Federica Mogherini, reuníronse onte luns no seu comité mensual para debater os principais asuntos exteriores que afectan á UE. Nunha axenda na que destacaba Ucraína e a situación dos países árabes, Mogherini tamén se referiu á novas etapa de relacións coa administración estadounidense. Nas próximas semanas haberá intercambios cos homólogos norteamericanos sobre estes asuntos.

 

Libia

O Consello debateu a situación política en Libia. Os ministros de Asuntos Exteriores da UE reafirmaron a importancia de que Libia recupere a súa estabilidade mediante un acordo político inclusivo. Subliñaron o importante papel que os actores rexionais e as organizacións poderían desempeñar neste sentido. A UE unirase ás Nacións Unidas, a liga dos Estados Árabes e a Unión Africana para formar un Cuarteto que reúna esforzos de mediación. Unha Libia estable e pacífica é importante non só para os seus veciños -a UE incluída, senón para os propios libios, así como para os migrantes que actualmente están en Libia.

 

Proceso de paz en Oriente Medio

O Consello examinou o proceso de paz no Oriente Medio á luz dos acontecementos máis recentes. Os ministros reiteraron a súa preocupación polos novos asentamentos anunciados por Israel e exhortaron a ambas partes a non tomar medidas que puidesen dar lugar a unha escalada do conflito. A UE reafirmou o seu firme compromiso de traballar para lograr un acordo de paz global e preservar a viabilidade da solución de dous Estados. O Alto Representante expresou a disposición da UE para seguir traballando coas Nacións Unidas, os Estados Unidos e os interlocutores árabes a fin de alcanzar eses obxectivos.

 

Ucraína

Tamén se analizou a situación en Ucraína. O Consello expresou o seu decidido compromiso de apoiar o programa de reforma de Ucraína, mediante un apoio financeiro continuado e significativo, así como a través da Misión de Asesoramento da UE (EUAM Ucraína). Os ministros subliñaron que Ucraína deu importantes pasos positivos en moitas áreas, en particular no desenvolvemento socioeconómico e a loita contra a corrupción. O Consello alentou a plena aplicación destas reformas, así como novos avances en esferas tales como a reforma constitucional, xudicial e electoral, a administración pública e o sector enerxético.

En vista do recente agravamento da violencia no leste de Ucraína, os ministros de Asuntos Exteriores expresaron a súa preocupación, en particular polo que respecta á situación humanitaria. Falaron de como aumentar o apoio da UE para a aplicación dos acordos de Minsk. O Consello reiterou o respaldo da UE aos debates sobre o formato de Normandía e recoñeceu o importante labor realizado pola misión especial de vixilancia da OSCE en Ucraína.

 

Exipto

Durante o xantar, os ministros discutiron a situación en Exipto e o camiño para seguir para as relacións bilaterais. Referíronse máis especificamente ao apoio da UE ao crecemento económico e a creación de emprego, o diálogo democrático, o Estado de Dereito e os dereitos humanos, a cooperación en áreas como o antiterrorismo e a migración e o papel de Exipto na rexión. A discusión preparou a próxima reunión do Consello de Asuntos Exteriores (6 de marzo), á que o Ministro de Exteriores de Exipto Sameh Hassan Shoukry será invitado para unha discusión informal cos ministros da UE.

Fonte: Consello da UE


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante