Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/03/2020

Videoconferencia de alto nivel de ministros da UE encargados de agricultura e pesca

4829F_1585240901_Imagen_EuropeanCouncil.jpg
Bruxelas, 26 de marzo de 2020. A Presidencia croata organizou unha videoconferencia dos ministros da UE responsables de agricultura e pesca coa participación dos Comisarios da UE Janusz Wojciechowski e Virginijus Sinkevi?ius, para examinar as medidas xa adoptadas, así como as previstas a nivel nacional e europeo para contrarrestar os efectos negativos da pandemia de COVID-19 no sector da agricultura e a pesca.

A Ministra de Agricultura de Croacia, Marija Vu?kovi?, convocou unha videoconferencia co fin de intercambiar información entre os Estados Membros e as institucións da Unión Europea. En tempos como estes, garantir a seguridade alimentaria é unha das cuestións máis importantes para 500 millóns de cidadáns europeos. Por tanto, a seguridade alimentaria, a dispoñibilidade e a produción de alimentos foron algúns dos temas máis importantes que se debateron.

As principais cuestións sinaladas pola maioría dos Estados Membros foron:
  • As restricións á circulación de mercadorías
  • Os cambios nas pautas de consumo e no funcionamento dos sistemas de produción agroalimentaria
  • A insuficiencia de man de obra debido ao peche de fronteiras, os requisitos de distancia social, o illamento obrigatorio ou a corentena.
En resposta ás dificultades ás que nos enfrontamos, a Comisión remitiuse á Iniciativa de Investimento de Resposta ao Coronavirus para dirixir rapidamente 37.000 millóns de euros de investimento público europea para facer fronte ás consecuencias da crise de COVID-19.

En canto ás axudas de estado, aumentáronse as cantidades máximas, até 120.000 euros por empresa activa no sector da pesca e a acuicultura ou 100.000 euros por empresa activa na produción primaria de produtos agrícolas. Para as empresas que se dedican á transformación e comercialización de produtos agrícolas, o limiar fíxase en 800.000 euros.

Con todo, é evidente que se necesitan medidas adicionais específicas e concretas para apoiar ao sector agrícola e pesqueiro da UE, respondendo as necesidades específicas dos países. Ademais, os ministros e a Comisión confirmaron a súa vontade de estudar novas medidas de apoio aos nosos produtores. A Presidencia utilizará o intercambio de opinións de hoxe como base para o traballo das próximas semanas.
Os ministros sinalaron que houbo e haberá suficientes alimentos dispoñibles para os consumidores europeos.

As medidas xa propostas pola Comisión Europea en todos os sectores, incluído o transporte, e a introdución de ”vías verdes” para a subministración de alimentos, a saúde e a seguridade social, xunto coa flexibilidade no que respecta ás axudas estatais, están a axudar a superar esta situación.

Os Estados Membros propuxeron medidas adicionais como posible resposta á crise do Coronavirus na agricultura e a pesca, incluída a simplificación ou a derrogación de certos procedementos.

No ámbito da agricultura, os Estados membros propuxeron a mobilización de recursos financeiros para implementar medidas excepcionais no marco da Organización Común de Mercados, unha extensión ulterior da data límite para as solicitudes de pagos directos da PAC (prorrogada a semana pasada até o 15 de xuño), a derrogación dos controis sobre o terreo, unha maior flexibilidade para aplicar exencións das normas de base da PAC e o mantemento da libre circulación entre rexións e Estados membros dos traballadores estacionales do campo. Concretamente, España convidou á Comisión a adoptar con urxencia todos os cambios necesarios na lexislación vixente para adaptarse á situación actual de ”forza maior” e pediu a mobilización de recursos financeiros para implementar as medidas excepcionais previstas nos artigos 219 a 221 do regulamento OCM para sectores como as flores cortadas, algunhas froitas e a carne de cordeiro. As propostas máis ambiciosas formulounas Italia, que pediu a activación de novos instrumentos de crises para garantir o reembolso aos Estados dos adiantos pagos con recursos nacionais, un programa agrícola extraordinario que se execute con recursos adicionais aos do orzamento da PAC e un fondo extraordinario de axuda ao almacenamento conxunto.

En canto á pesca, os Estados membros propuxeron unha maior flexibilidade no marco da FEMP, pedindo unha simplificación dos procedementos de reprogramación e flexibilizando os límites máximos actuais. Tamén se solicitou a compensación polo cesamento temporal das actividades pesqueiras sen as restricións actuais e que se permita a axuda ao almacenamento.

A Presidencia croata sinalou: ”Os ministros pediron hoxe á Comisión que supervise de preto e defenda a integridade do mercado único e propoña medidas adecuadas cando se detecten problemas na cadea de subministración. Necesitamos uns días para resumir o resultado desta reunión e, xunto coa Comisión Europea, avaliaremos e decidiremos sobre as medidas adicionais que deben adoptarse. A nosa tarefa é manter vivo o estilo de vida europeo, manter aos nosos cidadáns protexidos, alimentados e empregados”

Fonte: Consello Europeo

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante