Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

14/11/2005

RELANZAMENTO POLA PRESIDENCIA DA INICIATIVA DE CREACIÓN DUN FONDO DE INVESTIMENTO EN INFRAESTRUTURA TECNOLÓXICA

A Presidencia do Reino Unido, dentro das súas iniciativas para relanza-las negociacións de cara a aproba-las Perspectivas Financeiras da UE 2007-2013 (PPFFF) incluíu no seu documento de debate 14118/05 a posibilidade da creación dun “fondo tecnolóxico” que tería coma obxectivo “incrementa-lo investimento en infraestructura de I+D en aqueles Estados Membros cunha RNB por debaixo da media da UE”. A Presidencia amosouse así sensible a unha continua reivindicación de España que se vería directamente afectada por unha moi significativa reducción do nivel de axuda froito da perda do Fondo de Cohesión polo efecto estatístico da ampliación.

A delegación española intentara xa no Consello de Asuntos Xerais e Relacións Exteriores (CAGRE) do pasado día 7 de novembro, primeira toma de contacto a nivel ministerial coas PPFF nesta presidencia, incorporar este tema ó debate, pero, aparentemente, a proposta non foi nin sequera tomada en consideración ese día.

As reaccións a este documento, tal e como cabía esperar, dependen da situación actual dos Estados Membros en relación ó seu nivel de investimento en I+D. Evidentemente a proposta foi benvida por países como España que ven recollidas as súas aspiracións e, ó mesmo tempo, conseguen incorporar un novo elemento no seu favor na discusión sobre qué se debe de financiar co orzamento comunitario. España logra así que en caso de que finalmente se dea o improbable paso de modificar substancialmente a estrutura do mesmo, existise a posibilidade de compensar con investimento tecnolóxico a perda dos recursos en política de cohesión tradicional e axudas agrícolas. Pola súa banda os países máis desenvolvidos —Suecia, por exemplo, xa se manifestou informalmente neste sentido— consideran que un Fondo coma o proposto non daría os resultados desexados e non sería custo-eficiente. Estes EM  —que contan no seu favor coas conclusións do informe Sapir— cren que o financiamento da investigación debe de ser distribuído baseándose no criterio da excelencia científica.

A fin e o cabo esta discusión é unha reedición das discusións sobre a “Caixa de negociación” baixo a Presidencia de Luxemburgo para incorporar coma criterio de distribución dos fondos do Sétimo Programa Marco de I+D o principio de acceso “xusto e equilibrado” os seus recursos xunto co xa mencionado de “excelencia”. Debe de recordarse aquí que os últimos documentos da Presidencia luxemburguesa neste punto incluíron finalmente os dous principios.

 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante