Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

03/06/2020

A Comisión Europea propón reforzar a futura política de cohesión co novo instrumento de recuperación europea

4989F_1591278624_P044047-444442.jpg
  • 7% de Next Generation EU irá destinado a aumentar os recursos de FEDER, FSE e FEAD durante os dous próximos anos para facer fronte á crise motivada pola pandemia 
  • Con esta nova proposta, respóndese á demanda de manter o importe actual desta política para o novo período 21-27  
Bruxelas, 3 de xuño de 2020. No marco da nova proposta de Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 que a Comisión publicou o 27 de maio, prevense máis recursos para a política de cohesión procedentes do novo instrumento de recuperación Next Generation EU. De ser aprobado este novo mecanismo, que permitiría á UE tomar prestados 750 000 millóns de euros nos mercados financeiros, 55.000 deles irían parar á política de cohesión a través da iniciativa denomindada REACT-EU.  

Mediante unha modificación do marco orzamentario actual, 5.000 M € poderían estar xa dispoñibles este ano, coa flexibilidade excepcional introducida na Iniciativa Europea de Investimento de Coronavirus (CRII e CRIII +) aprobada en abril (procedementos simplificados, posibilidade de transferir recursos entre fondos e categorías de rexións, posibilidade de financiamento ao 100%...). Os 50.000 M € restantes asignaríanse aos programas de cohesión do período actual 14-20  (FEDER, FSE e FEAD) para a súa execución nos anos 20 a 22, distribuíndose en función da gravidade das repercusións económicas e sociais da crise, e fixándose en datos como o nivel de desemprego xuvenil ou a prosperidade relativa dos Estados membros. Para iso, Next Generation EU debe ser acordado polos 27 líderes europeos, solicitar o apoio do PE -que o recibiu maioritariamente de forma positiva- e ser ratificado polos parlamentos nacionais (dado que debe modificarse a decisión que determina o límite máximo das contribucións nacionais ao orzamento da UE para elevalo temporalmente até o 2 % da RNB da UE).  

Novos recursos para investir a curto prazo en emprego, sanidade e pemes 

O obxectivo de REACT-EU é sentar as bases dunha recuperación sólida, polo que estes recursos adicionais poderán financiar medidas para o mantemento do emprego (réximes de redución do tempo de traballo, apoio aos traballadores por conta propia), a creación de emprego, o fomento do emprego xuvenil, o reforzo dos sistemas de asistencia sanitaria e o apoio ás pemes (activación do capital circulante e apoio ao investimento). Vai dirixido a todos os sectores económicos, incluídos os do turismo e a cultura -particularmente afectados- e servirá tamén para investir no Pacto Verde Europeo e a transición dixital, principais prioridades da axenda europea. 

Os Estados membros poderán decidir de forma autónoma a forma concreta de canalizar os fondos a través dos diferentes programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Fondo Social Europeo (FSE) e o Fondo de Axuda Europea para as Persoas Máis Desfavorecidas (FEAD). Para permitir o financiamento ao 100%, será necesario que os novos recursos estean programados nun ou máis novos eixos prioritarios específicos ou, cando cumpra, no marco dun novo programa operativo específico. España conta con 19 programas operativos rexionais (correspondentes ás comunidades e cidades autónomas) para FEDER e FSE, dous plurirrexionais de FEDER (POPE e Iniciativa PEME) e catro plurirrexionais de FSE (Emprego, Formación e Educación; Inclusión e economía social, emplleo xuvenil e asistencia técnica).  

Modificación dos regulamentos de cohesión 21-27 

Respecto ao MFP revisado, o importe da política de cohesión diminúe lixeiramente en comparación coa proposta de 2018 e en liña coas cifras dos últimos documentos de negociación debatidos no Consello Europeo. En concreto, redúcese un 2%, de 332.000 M € a 324.000, pero, tendo en conta os recursos adicionais que se poderían conseguir a través de Next Generation EU, a política de cohesión tería 374.000 M , en liña co importe comprometido no 14-20. De ser aprobado nestes termos, compracería as demandas do Parlamento Europeo e, en especial, do Comité das Rexións, que, coa súa Alianza pola Cohesión na que Galicia participou activamente, reivindicou insistentemente a necesidade de manter o volume de recursos asignados a esta política. 

Doutra banda, a Comisión presentou propostas de modificación de case todos os regulamentos que rexerán o uso dos fondos a partir de 2021 para adaptalos á actual situación. Estes regulamentos estaban, na súa maioría, na última fase de negociación entre Parlamento  e Consello: Regulamento de Disposicións Comúns, FEDER, FSE, FEAD e Fondo de Transición Xusta (FTJ). Proponse máis flexibilidade para transferir recursos entre os fondos en calquera momento do período de programación e para permitir o escalonamiento das operacións máis pequenas, o que permitirá aos Estados membros dispor de máis tempo para completar as operacións que non se terminaron no período 2014-2020. 

A Comisión tamén propón introducir un “mecanismo completo de resposta ás crises” a fin de permitir medidas temporais para o uso dos fondos en resposta a circunstancias excepcionais e inhabituais como as acaecidas coa actual pandemia.  

Ademais, proponse concentrar maiores recursos en saúde, turismo e cultura, auméntase a porcentaxe mínima reservado ao desemprego xuvenil do FSE +(15% en lugar do 10%) e proponse reservar polo menos o 5 % do FSE+ para loitar contra a pobreza infantil.   

En 2024 levarase a cabo unha revisión das asignación nacionais de cohesión que teña en conta as ultimas estadísticas dispoñibles, e xa non cifras estimadas, reaxustándose o reparto de fondos con ata 10.000 millones de euros para todos os estados miembros. 

Máis información 

Documento de preguntas e respostas da Comisión Europea 

Proposta de Regulamento REACT-EU e Anexo co método de repartición entre os Estados membros 

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante