Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/07/2019

A Xunta avalía co Consello Asesor Internacional da RIS3 experiencias e boas prácticas doutras rexións europeas que se poidan incorporar a Galicia

A Xunta de Galicia, a directora de GAIN, Patricia Argerey, e diferentes expertos nacionais e internacionais evaluraon a RIS3 galega. Fonte: Xunta de Galicia.jpg
  • A Axencia Galega de Innovación (GAIN) acolle hoxe unha xornada na que se dan cita expertos nacionais e europeos para intercambiar coñecemento en torno á RIS3 e identificar oportunidades de cooperación.
  • A directora de Gain, Patricia Argerey, trasladou aos asistentes a vocación participativa da estratexia galega e as principais conclusións da avaliación intermedia que se está levando a cabo.
  • Desde a súa posta en marcha, en 2014, a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 ten permitido a concesión de máis de 833 millóns de euros en axudas públicas, que están mobilizando máis de 1.260 millóns en total.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2019. A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, asistiu esta mañá á reunión do Consello Asesor Internacional da RIS3 que se celebrou en Santiago de Compostela. Na xornada, o equipo impulsor da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 tivo a oportunidade de avaliar con expertos nacionais e europeos, as experiencias e boas prácticas en torno a esta iniciativa que poidan incorporarse para mellorar a RIS3 galega, así como identificar oportunidades de colaboración con outras rexións europeas.

Na súa intervención, Patricia Argerey, fixo un repaso polos resultados alcanzados coa implementación da RIS3 en Galicia, que está na fase de avaliación intermedia, e destacou a súa vocación participativa xa que tanto na súa elaboración como neste proceso de avaliación se contou, e se está a contar, cos axentes do ecosistema de innovación da Comunidade; incluíndo empresas, universidades, centros de coñecemento e tecnolóxicos, administracións e sociedade. En concreto, uns 500 axentes e beneficiarios dos instrumentos de apoio da RIS3 están participando a través das enquisas de avaliación e os obradoiros de discusión organizados por cada un dos tres retos.

Tras o proceso de consultas realizado, GAIN da un novo paso nesta avaliación intermedia, reunindo ás principais rexións nacionais e europeas que xa realizaron ou están realizando esta avaliación para intercambiar experiencias e boas prácticas e identificar posibles socios, colaboradores ou redes europeas que permitan reforzar a especialización intelixente de Galicia. En concreto, hoxe asisten expertos do Reino Unido, Italia, Croacia, Noruega ou Portugal e de Comunidades autónomas como País Vasco e Castela e León.

Nos próximos días, GAIN seguirá adiante con este proceso de avaliación intermedia co lanzamento dun cuestionario dirixido á sociedade para coñecer a súa percepción sobre a innovación galega e como impacta no seu día a día, demais da súa opinión sobre os principais retos de futuro neste eido; así como a posta en marcha dun panel de expertos para a análise das conclusións do proceso.

O obxectivo final é, de xeito consensuado, detectar aspectos que se deben axustar, identificar os instrumentos que mellor funcionaron, buscar a mellora da participación dos axentes de innovación e deseñar as bases sobre as que comezar a elaborar a nova RIS3 2021-2027.

Desde a súa posta en marcha en 2014, a RIS3 ten permitido a concesión de máis de 833 millóns de euros en axudas públicas que están mobilizando máis de 1.260 millóns en total. Destináronse, por exemplo, 81 millóns de euros a apoiar centros tecnolóxicos galegos e máis de 410 millóns a preto de 1.400 empresas.

A Comisión Europea recolleu a experiencia galega como boa práctica a nivel europeo polo seu proceso de avaliación, no que destaca o seu liderado no proxecto europeo Monitoris3 que ten por obxectivo mellorar os mecanismo de monitorización das políticas no eido da RIS3.

Fonte: Xunta de Galicia.

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante