Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/10/2016

Dúas entidades galegas participan nun taller de desenvolvemento de proxectos de I+D+i no ámbito da enerxía organizado por ERRIN en Bruxelas

3886F_1477664545_ERRIN.JPG

  • A Axencia Galega de Innovación, na súa condición de membro da plataforma ERRIN, participou tamén como organizadora do evento.

Bruxelas – 26 de outubro de 2016. A organización correu por cargo de ERRIN, plataforma formada por máis de 120 organizacións europeas entre as cales se atopa GAIN e que teñen como obxectivo apoiar ás rexións europeas a crear unha rede de cooperación que favoreza a capacidade innovadora da Unión Europea.

A axenda do evento xirou en torno ás convocatorias de eficiencia enerxética e de enerxía baixa en carbono para o 2017. Consultoras expertas achegaron consellos e trucos para a presentación dunha proposta exitosa neste tipo de convocatorias.

Ao longo da xornada mostráronse exemplos de boas prácticas para conseguir unha candidatura gañadora e presentáronse ideas de proxecto para as convocatorias do ano que vén. Pódese acceder á lista de proxectos aquí.

O evento contou coa participación de dúas entidades galegas. O centro tecnolóxico de eficencia e sustentabilidade enerxética EnergyLab, que presentou unha idea de proxecto e liderou un unha mesa redonda; e o Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), que participou na mesa redonda doutro proxecto.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante