Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/07/2016

Entra en vigor o Escudo de Privacidade EU-EEUU para a transferencia de datos comerciais

3798F_1468417556_Untitled.jpg

  • Este novo marco protexe os dereitos fundamentais de calquera persoa na UE cuxos datos persoais se transfiran a Estados Unidos
  • O novo sistema achega claridade xurídica para as empresas que dependen de transferencias transatlánticas de datos

Bruxelas, 13 de xullo de 2016. A Comisión Europea e o goberno estadounidense déronlle o visto bo a un novo marco para o intercambio transatlántico de datos comerciais, o chamado Escudo de Privacidade. As novas regras teñen como obxectivo protexer os dereitos fundamentais de calquera persoa na UE cuxos datos persoais se transfiran a Estados Unidos e achega claridade xurídica ás empresas que dependen destas transferencias transatlánticas de datos.

O Escudo de Privacidade establece certas obrigacións para as empresas que traballan con datos, que poden carrexar sancións en caso de incumprimento. Ao amparo do novo sistema, o Departamento de Comercio dos Estados Unidos levará a cabo actualizacións e revisións periódicas das empresas participantes, co fin de garantir que sigan as normas que elas mesmas subscribiron. Se as empresas non cumpren na práctica, enfróntanse a sancións e a ser retiradas da lista. Para transferencias ulteriores de datos a terceiros garantirase o mesmo nivel de protección en caso de transferencia dende unha empresa adherida ao Escudo de Privacidade.

Ademais, haberá obrigacións en materia de transparencia e salvagardas claras para o acceso da administración estadounidense: Estados Unidos deu á UE garantías de que o acceso das autoridades públicas a efectos de aplicación da lei e de seguridade nacional está suxeito a limitacións, salvagardas e mecanismos de supervisión claros. Tamén por primeira vez, calquera persoa na UE terá á súa disposición vías de recurso na materia. O goberno estadounidense descarta unha vixilancia masiva indiscriminada dos datos persoais transferidos cara a ese país no marco do acordo do Escudo da privacidade UE-EE UU. Doutra banda, a recompilación de datos en bloque só poderá utilizarse en condicións específicas predeterminadas e ten que ser o máis concreta e precisa posible.

Mecanismos de resolución de litixios

O novo marco é coidadoso coa protección dos dereitos individuais e para iso establece que calquera cidadán que considere que os seus datos se usaron de forma indebida poderá botar man de varios mecanismos de resolución de litixios accesibles e alcanzables. O ideal é que as reclamacións as resolva a propia empresa, xa que se ofrecerán gratuitamente mecanismos de resolución alternativa de litixios. Os particulares tamén poderán dirixirse ás súas autoridades nacionais de protección de datos, que colaborarán coa Comisión Federal de Comercio para garantir que as reclamacións dos cidadáns da UE se investiguen e resolvan. Se un asunto non se resolve por un medio ou outro, estará previsto, en última instancia, un mecanismo de arbitraxe. O mecanismo de recurso no ámbito da seguridade nacional para os cidadáns da UE será xestionado por un Defensor do pobo independente dos servizos de intelixencia dos Estados Unidos.

O Escudo de Privacidade dispón tamén dun mecanismo de revisión conxunta anual polo que a Comisión Europea e o Departamento de Comercio dos Estados Unidos avaliarán o seu funcionamento, incluído o cumprimento dos compromisos e garantías no que se refire ao acceso aos datos a efectos de aplicación da lei ou de seguridade nacional.

Andrus Ansip, vicepresidente da Comisión responsable do Mercado Único Dixital, declarou: "Este Escudo protexerá os datos persoais dos nosos cidadáns e achegará claridade ás empresas. Traballamos xunto a todos os nosos socios en Europa e Estados Unidos para obter este acordo e para telo canto antes. Os fluxos de datos entre os nosos dous continentes son esenciais para a nosa sociedade e economía: agora temos un marco sólido que garante que ditas transferencias realícense en condicións mellores e máis seguras". 

Vĕra Jourová, comisaria de Xustiza, Consumidores e Igualdade de Xénero, asegura, pola súa banda, "que o Escudo de privacidade UE-EE.UU é un novo sistema sólido para protexer os datos persoais dos europeos e garantir a seguridade xurídica ás empresas. Achega normas máis estritas de protección de datos que se aplican mellor, salvagardas en canto ao acceso do Goberno e un recurso máis fácil para os particulares en caso de reclamacións. O novo marco restablecerá a confianza dos consumidores cuxos datos sexan transferidos alén do Atlántico". 

Antecedentes

O 2 de febreiro de 2016, a Comisión Europea e o Goberno dos Estados Unidos alcanzaron un acordo político sobre un novo marco para os intercambios transatlánticos de datos persoais con fins comerciais: o Escudo de Privacidade UE-EE.UU. A Comisión presentou os textos do proxecto de decisión o 29 de febreiro de 2016. Tras o ditame do Grupo de Traballo do Artigo 29 (autoridades de protección de datos) do 13 de abril e a Resolución do Parlamento Europeo do 26 de maio, a Comisión culminou o procedemento de adopción o 12 de xullo de 2016. O Escudo de Privacidade UE-EE.UU reflicte os requisitos establecidos polo Tribunal de Xustiza na súa sentenza do 6 de outubro de 2015, na que declaraba inválido o antigo marco de "porto seguro".


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante