Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

05/07/2016

A Comisión asina coa industria un acordo para potenciar a I+D+i en materia de ciberseguridade

3783F_1467718832_Untitled.jpg

  • A UE investirá 450 millóns de euros nesta asociación, no marco do seu programa de investigación e innovación Horizonte 2020
  • O obxectivo é fomentar a cooperación nas primeiras etapas do proceso de investigación e innovación e construír solucións de ciberseguridade para sectores como a enerxía, a saúde, o transporte e as finanzas

Bruxelas, 5 de xullo de 2016. A Comisión pon en marcha unha nova asociación público-privada sobre ciberseguridade, que se espera desencadee un investimento de 1.800 millóns euros ata 2020. Forma parte dunha serie de novas iniciativas destinadas a equipar mellor a Europa contra os ciberataques e a reforzar a competitividade do seu sector de ciberseguridade.

O plan de acción de hoxe inclúe a creación da primeira asociación público-privada sobre ciberseguridadeuropea. A UE investirá 450 millóns de euros nesta asociación, no marco do seu programa de investigación e innovación Horizonte 2020. Está previsto que os axentes do mercado da ciberseguridade, representados pola Organización Europea de Ciberseguridade (ECSO), invistan tres veces máis. Esta asociación tamén contará con membros procedentes das administracións nacionais, rexionais e locais, os centros de investigación e o mundo académico. O obxectivo da asociación será fomentar a cooperación nas primeiras etapas do proceso de investigación e innovación e construír solucións de ciberseguridade para diversos sectores, como a enerxía, a saúde, o transporte e as finanzas. O Comisario Oettinger firma hoxe a asociación coa ECSO en Estrasburgo.

Segundo unha enquisa recente, polo menos o 80 % das empresas europeas experimentaron como mínimo un incidente de ciberseguridade no último ano, e o número de incidentes de seguridade rexistrados en todos os sectores industriais en todo o mundo aumentou un 38 % en 2015. Isto supón un prexuízo para as empresas europeas, xa sexan grandes ou pequenas, e ameaza con socavar a confianza na economía dixital. Como parte da súa estratexia para o mercado único dixital, a Comisión desexa reforzar a cooperación a través das fronteiras e entre todos os actores e sectores que traballan en ciberseguridade, e contribuír ao desenvolvemento de tecnoloxías, produtos e servizos innovadores e seguros en toda a UE.

Andrus Ansip, vicepresidente responsable do Mercado Único Dixital, declarou: “Sen confianza e seguridade, o mercado único dixital non pode existir. Europa debe disposta a afrontar unhas ciberameazas que son cada día máis sofisticadas e non coñecen fronteiras. A proposta de hoxe contén medidas concretas para reforzar a resiliencia de Europa fronte a estes ataques e garantir a capacidade necesaria para a construción e expansión da nosa economía dixital”.

Günther H. Oettinger, comisario de Economía e Sociedade Dixitais, afirmou: “Europa necesita produtos e servizos de ciberseguridade de alta calidade, alcanzables e interoperables. Ante a nosa industria de ciberseguridade preséntase unha gran oportunidade para competir nun mercado mundial en rápido crecemento. Facemos un chamamento aos Estados membros e a todas as entidades de ciberseguridade para que intensifiquen a cooperación e poñan en común os seus coñecementos, información e experiencia co fin de aumentar a ciberresiliencia de Europa. A asociación sobre ciberseguridade asinada hoxe coa industria constitúe un fito e supón un gran paso adiante”.

Marco de certificación 

A Comisión tamén establece diversas medidas para facer fronte á fragmentación do mercado da ciberseguridade da UE. Na actualidade, unha empresa de TIC pode ter que someterse a diferentes procesos de certificación para vender os seus produtos e servizos en varios Estados membros. A Comisión proponse estudar un eventual marco de certificación europeo para os produtos de seguridade das TIC.

En mercados moi especializados (como, por exemplo, a criptografía) e en mercados ben establecidos con novos modelos empresariais (por exemplo, os programas antivirus) xurdiron unha multitude de pemes europeas innovadoras, pero a miúdo non conseguen expandir as súas operacións. A Comisión quere facilitar o acceso ao financiamento das pequenas empresas que traballan no ámbito da ciberseguridade e estudará diferentes opcións dentro do plan de investimentos da UE.

Directiva sobre Seguridade das Redes e da Información

A Directiva sobre Seguridade das Redes e da Información, cuxa adopción polo Parlamento Europeo está prevista o 6 de xullo no Parlamento Europeo, crea xa unha rede de equipos de resposta a incidentes de seguridade informática en toda a UE para reaccionar rapidamente ante as ciberamenazas e os ciberincidentes. Tamén prevé a creación dun “grupo de cooperación” entre Estados membros, para apoiar e facilitar tanto a cooperación estratéxica como o intercambio de información e desenvolver a confianza. A Comisión insta hoxe os Estados membros a que obteñan o máximo proveito posible destes novos mecanismos e intensifiquen a coordinación cando e onde sexa posible. A Comisión propoñerá o xeito de mellorar a cooperación transfronteiriza en caso de ciberincidente grave.

Dada a velocidade á que evoluciona o panorama da ciberseguridade, a Comisión tamén presentará a súa avaliación da Axencia Europea de Seguridade das Redes e da Información (ENISA). Esta avaliación valorará se o mandato e as capacidades da ENISA seguen sendo os adecuados para cumprir a súa misión de axudar aos Estados membros da UE para reforzar a súa propia ciberresiliencia. A Comisión tamén estuda modos de reforzar e racionalizar a cooperación sobre ciberseguridade nos distintos sectores da economía, en particular na formación e a educación neste campo.

Contexto

O plan de acción ten a súa orixe na Estratexia do Mercado Único Dixital de 2015, na Estratexia de Ciberseguridade da UE de 2013 e na Directiva sobre seguridade das redes e da información (SRI) de inminente adopción. Está baseado nas recentes Comunicacións tituladas “Aplicación da Axenda Europea de Seguridade e Loita contra as ameazas híbridas”.

Fonte: Comisión Europea


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante