Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

25/04/2016

Aberta a convocatoria de axudas para a extensión de redes de banda larga de nova xeración en polígonos industriais

3710F_1461603976_Untitled.jpg

  • As TIC ocupan un espazo relevante no contexto da Estratexia Europa 2020 a través dunha das súas iniciativas máis emblemáticas, a Axenda Dixital para Europa

Bruxelas, 25 de abril de 2016. A convocatoria de subvencións para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais estará aberta até o vindeiro 23 de maio. As axudas van con cargo nun 75 % ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) –ademais da Xunta e do Ministerio de Agricultura- e encádranse no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Os proxectos susceptibles de obter deberán despregar redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade (100 Mbps ou superior) e as zonas subvencionables corresponderanse coa totalidade ou partes claramente delimitadas de polígonos industriais que non dispoñan de cobertura de redes destas características nin de plans para o seu despregamento por parte de ningún operador.

Poden participar nesta convocatoria as persoas que ostenten a condición de operadoras e as unións temporais de empresas nas que polo menos unha das integrantes posúa a condición de operadora.

A dotación orzamentaria máxima de 3.424.610,80 euros e a subvención cubrirá até o 65% do custo do proxecto. O prazo máximo para a posta en servizo é o 31 de outubro de 2018.

Axenda Dixital Europea

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) ocupan un espazo relevante no contexto da Estratexia Europa 2020 a través dunha das súas iniciativas máis emblemáticas, a Axenda Dixital para Europa. O obxectivo é poñer a banda larga ultrarrápida á disposición de toda a cidadanía, de xeito que en 2020 se xeneralice o acceso á internet a velocidades de, polo menos, 30 Mbps e a metade dos cidadáns teñan contratados servizos de, polo menos, 100 Mbps. Estas redes son tamén un elemento clave para promover a evolución da actividade industrial e así se reflicte na Axenda de Competitividade de Galicia e na Axenda Dixital de Galicia 2020.

A banda larga de moi alta velocidade permitirá tamén avanzar no desenvolvemento en Galicia da industria 4.0, formada por fábricas intelixentes, automatizadas, flexibles, interconectadas e sustentables.

Máis información a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Convocatoria


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante