Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

11/09/2014

Convocatoria para que os promotores locais, rexionais e nacionais se acollan ao novo mecanismo da UE para o financiamento e apoio da banda ancha

Bruxelas, 11 de setembro de 2014. - A Comisión Europea lanzou o pasado mes de xullo a iniciativa «Connected Communities» (Comunidades Conectadas), que dá cabida a diferentes sistemas concibidos para poñer en comunicación ás cidades e outras localidades, ás asociacións locais de banda ancha e aos operadores, con asesores que poidan aconsellalos sobre o mellor modo de acceder a financiamento e desenvolver modelos de empresa creados á medida para levar a banda ancha rápida á súa colectividade.

Invítase a todas as partes que traballan a nivel local, rexional e nacional a presentar á Comisión Europea as súas ideas e plans no ámbito de proxectos de despregamento de banda ancha. As solicitudes deben recibirse antes do 15 de outubro de 2014; as mellores ideas recibirán o «selo de aprobación» da Comisión e poderán acceder a unha maior asistencia.

Estes son algúns exemplos actuais de boas prácticas:

  • Reggefiber no Países Baixos é un proxecto que comezou en 2010 e que contribuíu considerablemente ao despregamento de fibra de moi alta velocidade para os fogares (FttH) grazas ao financiamento do BEI e de seis bancos comerciais.
  • Iliad en Francia, que en 2012 asinou, conxuntamente co BEI, un proxecto valorado en 200 millóns EUR cuxo obxectivo é financiar o despregamento da próxima xeración de redes en Francia; un 65% do total destínase ao desenvolvemento da FttH.

A vicepresidenta da Comisión Europea, Neelie Kroes, manifestou o seguinte: «Se representa vostede a unha autoridade local, unha rexión, ou é un apaixonado incondicional da banda ancha, aquí estamos para axudarlle. Queremos poñelo en contacto con medios prácticos de financiamento e apoio que lle axuden a levar á práctica o seu plan en beneficio da súa colectividade».

Entre os tipos de apoio dispoñibles están os seguintes:

  • Información individualizada: avaliación inicial dun plan local de banda ancha para determinar que tipo de apoio pode obterse.
  • Asistencia técnica do Banco Mundial: O Banco Mundial coopera con expertos da Comisión Europea que colaborarán no desenvolvemento de modelos de empresa e asesorarán sobre como pode alcanzar o proxecto a escala necesaria para poder optar a financiamento público ou privado.
  • Banco Europeo de Investimentos: A través do seu Mecanismo «Conectar Europa», a Comisión proporcionou fondos de investimento iniciais para que o BEI proporcione, grazas á súa cualificación AAA, financiamento á medida destinado a proxectos de banda ancha.
  • Fondos Estruturais e de Investimento Europeos: A UE dispón de 453.000 millóns EUR dispoñibles para todas as rexións no período comprendido entre o momento actual e 2020. O acceso ás TIC e a calidade e utilización destas (incluídos os investimentos en banda ancha) son, por primeira vez, unha das grandes prioridades destas subvencións.
  • Axudas estatais: A Comisión determinou normas especiais para que poidan canalizarse axudas estatais cara á promoción da banda ancha baixo formas que non prexudiquen á competencia. Deste modo, a cantidade de axuda estatal que os Estados membros concederon estes últimos anos aumentou considerablemente. Está dispoñible un manual que poderá asistilo na solicitude de axudas estatais legais.

Razóns da iniciativa «Connected Communities»

Os obxectivos da Axenda dixital son os seguintes: que en 2020, un 100% dos fogares da UE dispoñan dunha banda de 30 Mbps, e un 50% estean subscritos a 100 Mbps ou máis.

Os investimentos en redes de banda ancha quedan por debaixo do esperado; os últimos datos mostran que un 64% dos fogares da UE dispoñen de 30 Mbps e só un 3% conta con conexións de 100 MBPS.

O desenvolvemento da banda ancha de alta velocidade é lento, especialmente en zonas semiurbanas e rurais, así como en zonas desfavorecidas economicamente. Só un 18% dos fogares europeos en zonas rurais teñen acceso a unha banda ancha de alta velocidade.

Contexto

O Mecanismo «Conectar Europa» é un factor moi importante para o desenvolvemento da banda ancha na UE. Outra importante fonte de recursos son os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos. A Comisión Europea desenvolveu as ferramentas da Axenda Dixital para ser usadas no contexto de tales Fondos para impulsar a banda ancha. A Comisión publicou tamén unha serie de boas prácticas neste campo.

(Fonte: Comisión Europea)


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante